BNG-Ribeira

BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

EDAR de Ribeira: valoración sobre o anuncio feito pola Consellería

O anuncio da Estación Depuradora de Augas Residuais feito pola Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente non contempla a depuración dos verquidos industriais

O servizos técnicos da Consellería calificaron os sumidoiros de Ribeira de “autentico coador” (máis…)


Ruíz pon o cargo e o Concello ó servizo do PP

Violando a vixente Lei Electoral, o Alcalde, arroupado polo escudo da cidade, convoca un mitin do PP en Nova York baixo o lema “se cubrirá gastos”

O BNG tivo coñecemento por palabras do propio Alcalde da súa ausencia “durante uns días” durante os primeiros días de outubro. O sorprendente é que, dada a prolongada ausencia e polo tanto abandono de determinadas funcións, non foran comunicados tanto as razóns da ausencia como os cambios ou delegación de funcións para garantir a debida atención á cidadanía e demais funcións representativas e de xestión propias do cargo.

Pero máis sorprendente aínda resultou coñecer por informacións da páxina Web de Casa Galicia en NY da presenza do noso Alcalde na cidade de Nova York anunciando un acto de propaganda política do Partido Popular no que textualmente se convida á asistencia “con gastos pagos”.

Nos tempos que corren, e coa que está caendo, causa verdadeira alarma social pensar que se destinaran cartos públicos de todos e todas as ribeirenses para un acto deste tipo. Ou que o alcalde, se estaba en período de vacacións, se dedicase a exercer de xeito fraudulento o seu cargo.

O BNG sabe que a lexislación USA prohibe estritamente o financiamento deste tipo de actos políticos a clubs do tipo de Casa Galicia, polo que as sospeitas de fraude están máis que fundadas pois a viaxe parece máis orientada aos intereses electorais do Partido Popular que aos da cidadanía de Ribeira polos que o Alcalde percibe o seu salario.

Iniciativa municipal:
2011-10-Preguntas viaxe Alcalde a Nova York


O BNG cos mariñeiros de Ribeira!


Canto gaña o Alcalde de Ribeira?

Os adoradores do Becerro dos Mercados piden máis Mercado e menos Estado. Os predicadores da “austeridade” non o fan co exemplo: canto gaña o Alcalde de Ribeira?

Pois case 7.000€ cada mes do erario público. (14 pagas de 6.796,38€: 3.975,38€ do Concello+ 2.811€ da Deputación).

Compre dicilo pois certa “prensa” oculta o dato mentres airea a propaganda oficial. Por certo para “propaganda, publicidade e protocolo” o Gabinete da alcaldía destina…65.000€...e para libros e revistas da biblioteca pública?...pois 4.200€. E para reparacións e mantemento de escolas públicas?...17.500€. Son datos do Orzamento para 2011.

Onte en Ribeira o BNG tivo un acto informativo onde demos conta deste e doutros datos para espertar as conciencias e animar a actuar en consecuencia. Con Rosana Pérez e Carlos Aymerich.


Acto público do BNG: a crise, a soberanía, a reforma da Constitución


Celebración da Galiza Mártir en Ribeira


O portavoz do BNG, Xosé Luís Groveiro, participou hoxe na celebración da Galiza Mártir en Ribeira, dando lectura ao seguinte poema de Manuel María:

LEMBRANZA DE ALEXANDRE BOVEDA

Tí eres lume vivo, acesa chama,
roita irreversíbel de futuro;
potente trebón que berra e crama,
¡home do pobo, asoballado e puro!

Eres a luz, o guieiro i a bandeira
chantada nos cumes de Galicia.
¡Eres a voz limpa e verdadeira!
¡Eres o pan, o viño i a ledicia!

Ouh Alexandre Bóveda, paixón núa,
furacán potente e desatado:
¡qué exempro foi a morte túa!
¡Qué cantidá de amor sacrificado!

Ouh Alexandre Bóveda, meu irmao,
pai desta patria triste, escura.
¡Invoco a Rosalía, a Castelao…
¡Nomeo a vida túa, nobre e pura!

Ouh Alexandre Bóveda, semente,
colleita fidel de lealtade:
¡si vive Galicia i a súa xente
a túa morte non pode ser verdade!

MANUEL MARÍA

MONFORTE DE LEMOS
Galicia, xulio de 1971


Amianto ou non??

Unha empresa especializada procede agora á extracción conforme á lei dos materiais con amianto da fábrica de Castiñeiras. O BNG denunciara no seu momento a irresponsabilidade do concello de Ribeira ao permitir (ou promover?) a retirada das planchas de fibrocemento e outros materiais contaminados con este material canceríxeno. (máis…)


Pleno Ordinario de Xullo: aprobadas catro iniciativas

O novo Goberno de Ribeira recoñece, ao aprobar estas iniciativas do BNG, problemas que veñen de vello… e non tanto. As iniciativas dos concelleiros e concelleiras do BNG refírense a melloras na limpeza e coidado das instalación nos colexios públicos, a axudas á poboación do Parque Natural de Corrubedo, á implantación dunha liña de autobús ao Vilar por Artes e Frións e ao compromiso do Alcalde de acompañar ás ANPAS do Concello na demanda de melloras para paliar a situación creada tras a vergoñenta eliminación do IES de Coroso. (máis…)


Pleno Municipal de xullo

No Pleno Ordinario do Concello de Ribeira do mes de xullo, que se celebrará o vindeiro día 26 de xullo, debateranse catro iniciativas presentadas polo BNG. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de 4. Lembramos que os plenos son públicos e poden asistir todas aquelas persoas que o desexen.

As mocións son en relación cos seguintes temas:

3.- Demandamos melloras nos centros de educación infantil e primaria.

4.- Ampliación do transporte público aos lugares de Gude e Vilar.


Interesámonos polo Parque Natural de Corrubedo

O BNG presentou unha moción en Pleno para reclamarlle á Xunta de Galiza que axilice os trámites para facer efectivos o PORN e o PRUX deste Parque Natural, e que na súa elaboración se teñan en conta a todos os sectores sociais directamente afectados.

Tamén nos interesámos pola resolución das axudas publicadas ao abeiro da Orde de 10 de Xuño de 2010.

Iniciativa Municipal:
2011-07-15 PARQUE NATURAL