BNG-Ribeira

BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Sorteo dun TABLET na lotaría do Nadal

O BNG de Ribeira sorteou un Tablet na lotaría do Nadal. O número premiado foi:

A persoa agraciada, pode recoller o agasallo na Sede do BNG, na Rúa da Amarella, 2, Entrechan, no horario de atención ao público: martes e xoves de 13 a 14 horas.

Parabéns á persoa agraciada!!


Bo Nadal!

Bo Nadal e os nosos mellores desexos para o vindeiro ano!


SOS SANIDADE PÚBLICA!

A Asemblea Local do BNG de Ribeira fai un chamamento á poboación diante do deterioro progresivo da atención sanitaria da Xunta de Galiza.

En Ribeira, temos que lembrar as carencias existentes no Hospital da Barbanza e o caso omiso que se fixo nos orzamentos da Xunta 2012 do acordo plenario, a iniciativa do BNG, polo que se aprobou por unanimidade “solicitar da Xunta de Galiza un novo Centro de saúde para Ribeira”. (máis…)


O BNG interésase pola EDAR de Ribeira no Parlamento Galego

O BNG pregunta no Parlamento galego polas previsións “reais” para as obras da EDAR de Ribeira

Como xa ten denunciado o BNG, nos vindeiros orzamentos para 2012, a Xunta non prevé nin unha sola partida económica para esta obra que, en plena pre campaña electoral, anunciara a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas. Lembremos que, mais alá de cando e como se leve a cabo a obra anunciada, a consellería e o Concello de Ribeira xa indicaron claramente que nas súas previsións non se contempla a depuración das augas do polígono industrial de Xarás que seguirán indo á ría polo emisario do Touro coa totalidade da súa carga contaminante.

Iniciativa parlamentar en relación coa EDAR de Ribeira


O Alcalde de Ribeira incumpre o Regulamento Municipal de Honras e Distincións

O Alcalde e o goberno do PP de Ribeira incumpren o Regulamento de Honras e Distincións ao asignarlle a denominación dunha rúa a unha persoa viva sen o acordo unánime do Pleno, tal como se recolle no artigo 23 deste Regulamento. (máis…)


“Despido” da Secretaria Municipal: a posición do BNG

Non eran descoñecidas as discrepancias do actual Alcalde de Ribeira sobre o labor da xa ex secretaria municipal. Mesmo o BNG tiña amosado desconformidade con ela nalgunhas das súas actuacións. Pero en democracia hai formas e normas e son importantes.

O Alcalde tiña amosado publicamente a súa intención de non renovar a comisión de servizos que a secretaria ocupaba coa súa praza no Concello de Ribeira. Ate aquí nada que obxectar: o Alcalde é moi libre e ten dereito a aceptar o non a súa renovación no seu momento, marzo de 2012. Pero o que ocorreu foi unha “destitución forzada” en toda regra pese a que se intente vestir de “dimisión” ou “cese voluntario”.

A discrepancia de fondo pódese resumir na intención da secretaria de informar todos os asuntos que o Alcalde leva a Pleno. Moi recentemente, o acordo ao que chegou o Goberno de Ribeira coa empresa “Los Milagros” que, segundo sentenza xudicial firme, debera ser adxudicataria do servizo de Gardería Municipal. Segundo este acordo o Concello “indemniza” con 12.000€ á empresa e esta “renuncia” á execución da sentenza”. Tal e como lembrou o BNG no Pleno, este procedemento mereceu un “informe xurídico desfavorable” da Secretaria do Concello por “consideralo contrario a dereito” e porque “non se seguiu procedemento administrativo algún.. . para determinar a súa procedencia…” Velaí a gota que colmou o vaso (segundo algunhas interpretacións) e que motivou que o Alcalde “pedira” á Secretaria, segundo puido saber o BNG, o abandono inmediato do seu posto.

Que a funcionaria “aceptara” tamaño chantaxe parécenos moi respectable e mesmo comprensible. Pero isto no oculta que o que hai realmente no fondo desta cuestión é UN AUTÉNTICO GOLPE DE MANDO con consecuencias, tamén, no novo funcionario/a que ocupe a vacante ao que so lle cabe o sometemento á figura autoritaria do Alcalde ou o desterro.


Mitin central do BNG o domingo na Lonxa de Ribeira


Xerais 2011: as imaxes da pegada!

Todas as imaxes da pegada do BNG de Ribeira


Xerais 2011: hoxe no mercadillo de Ribeira


Ca xente na rúa. Repartidos máis de 500 boletíns informativos do BNG no mercadillo de Ribeira.

Algunhas “achegas” da xente:

  • ..hai que suprimir as deputacións,


  • ..desta vai para vos, ou


  • ..para ir á américa hai cartos!!


  • Canta razón!!


    O Goberno Municipal de Ribeira sobe impostos… e crea algún novo!

    Estrease coa revisión das taxas e prezos municipais cunha subida xeneralizara do 3,6%. A partir do ano que vén os cidadáns e cidadás de Ribeira pagaremos máis polos permisos de obras, expedición de certificados e documentos, enterramentos, imposto de circulación, pola auga, saneamento, etc. Tamén pagaremos máis pola recollida do lixo. Ademais de xustificar esta subida indiscriminada que o BNG rexeitou, o alcalde anunciou que a suba por recollida de lixo nas parroquias de Artes, Olveira e Oleiros sería maior aínda pois a bonificación pola recollida en “días alternos” pasa do 40% actual a tan só o 30%.

    A cidadanía debe saber tamén que se crea unha nova taxa reguladora por “intervención de servizos municipais en materia de seguridade cidadá”. É dicir, que a partires do 2012 o Concello cobrará por cada saída dos servizos de Protección Civil ou do GRUMIR. Por exemplo: so pola saída serán 69,30€, por cada traballador cóbrase 22€ e pola motobomba 19€ por quilómetro ademais dos custes de materiais.

    Esta é a política dos que din que non van aumentar os impostos. Os feitos cantan. O BNG propuxo non incrementalas porque supoñen un aumento inxustificado que vai contra as economías de todos e todas os ribeirenses indiscriminadamente, sexa cal sexa a súa capacidade económica. E votou en contra.