BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Xerais 08

Defenderemos no Estado os nosos sectores productivos

Mitin Lonxa de Ribeira

A defensa dos nosos sectores productivos, nomeadamente do complexo mar-industria, será unha das actuacións do BNG en Madrid. Canto máis representación teñamos, máis forza e máis posibilidades teremos de condicionar o goberno do Estado en beneficio deste sector estratéxico para a nosa economía, aínda que irrelevante no Estado. Que conte ou non dependerá do peso que este País teña en Madrid.

Entre outras medidas de apoio, consideramos importantes para a Barbanza a adopción de convenios Xunta-Goberno Central para a modernización da flota artesanal e de baixura e a potenciación do marisqueo. Tamén reclamaremos a adopción de medidas para paliar o incremento dos combustibles pesqueiros.

É preciso lexislar para que as singularidades desta profesión sexan atendidas: que aos traballadores e traballadoras deste sector se lle recoñezan as súas enfermidades profesionais e coeficientes reductores para unha xubilación digna; ou que as mariscadoras, bateeiras, redeiras, percebeiras ou traballadoras da conserva poidan ter os permisos por maternidade necesarios para non poñer en perigo o seu embarazo, ou pedir unha excedencia para coidar os seus fillos e fillas, sen perder o Permex, no caso de mariscadoras e percebeiras.

Para os mariñeiros embarcados na flota de altura, reclamaremos a adopción de medias para que poidan votar, así como a rebaixa das tarifas telefónicas, entre outras.

Nova na Voz:
Brión defendeu o recoñecemento á singularidade do traballo no mar durante un acto en Palmeira

Nova relacionada na Voz:
O BNG é a única forza nacionalista que sobe e resiste a polarización do voto

Debate Quintana, Touriño e Feijoo

500 persoas arroupan ao BNG na Lonxa de Ribeira

Quintana en Ribeira: “Hai que exercer como galegos nas urnas”

Francisco Jorquera reclamou a transferencia do Salvamento Marítimo “para mellorar as vidas das xentes do mar”

Ribeira, 2 Marzo 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, fixo este serán en Ribeira un chamamento masivo ao voto “a todos os galegos e galegas, porque agora se trata de que Galiza conte, de que sexa decisiva no Estado e canta máis forza teñamos en Madrid, máis posibilidades de benestar haberá para os galegos e galegas”. Neste sentido, Quintana afirmou que “hai que ser galegos na urna” e afirmou que “iso si que se fai co corazón e a cabeza, non as trapalladas que din outros”.

Máis información…

Nova na Galega:
Quintana: “Agora do que se trata é de que Galiza conte”

Máis videos…

Nova en GZnación:
O BNG non reclama “privilexios” nin “quitarlle aos outros o seu”, senón o que “merece” e “precisa” Galiza

Encontro pola igualdade e os dereitos das mulleres

Quintana: “As mulleres galegas poderían ensinarlle moito a Madrid en materia de igualdade”

Olaia Fernández Davila comprométese a que o BNG leve ao Congreso a reforma da lei do aborto e acusa ao PSOE de ter “xogado á ambigüidade”

Santiago de Compostela, 1 Marzo 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pechou esta mañá en Compostela un acto centrado na igualdade de dereitos entre homes e mulleres no que apelou á autoestima das mulleres e asegurou que “as mulleres galegas están á vangarda da loita pola igualdade. Por iso poden ensinar moito á política do Estado sobre como se poden facer as cousas”.

Máis información [...]

Nova na Galega:
Quintana reúnese en Santiago con máis de 300 mulleres

A Lonxa volve a acoller un mitin central do BNG

Mitin na Lonxa de Ribeira

O vindeiro domingo, día 2 de febreiro, ás 19:00 horas, a Lonxa Municipal de Ribeira volverá a acoller un acto Nacional do BNG.

Interviran:

Ana Álvarez, concelleira en Ribeira
Dominga Brión, Voceira Municipal de Ribeira e candidata ao Congreso
Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta e Portavoz Nacional
Paco Jorquera, Senador e cabeza de lista ao Congreso pola Coruña

Agardamos contar coa túa presenza!!

Entrevista na Voz

Entrevista na Voz, Xerais 08

«Mentres non chegamos a Madrid non se falou de nós»
entrevista | dominga brión sanmiguel | Candidata ribeirense do BNG ao Congreso por A Coruña

Acto Nacional do BNG na Lonxa de Ribeira

Convite acto Nacional do BNG na Lonxa de Ribeira

O vindeiro domingo, día 2 de febreiro, ás 19:00 horas, o BNG celebrará un acto nacional na Lonxa Municipal de Ribeira.

Interviran:

Ana Álvarez, concelleira en Ribeira
Dominga Brión, Voceira Municipal de Ribeira e candidata ao Congreso
Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta e Portavoz Nacional
Paco Jorquera, Senador e cabeza de lista ao Congreso pola Coruña

Agardamos contar coa túa presenza!!

Xerais 2008: a campaña en imaxes

Campaña Xerais 2008: Mitins

O BNG de Ribeira realizará durante esta campaña das Xerais 2008 un importante número de actos públicos para achegarlle a toda a cidadanía o intenso traballo feito polo BNG nos Parlamentos de Madrid durante estes 12 anos que fixeron a este País visíbel no Estado.

Tamén lembraremos a importancia destas eleccións para Galiza. Aínda que pensemos que estas son unhas elección moi afastadas para nós, en realidade no Parlamento do Estado tómanse decisións que afectan directamente sobre as nosas vidas.

Cuestións como a mellora das infraestructuras, dos servizos de salvamento, a potencia dos motores das nosas embarcacións ou mesmo as tarifas eléctricas son decisións que se toman en Madrid por nós.

Polo tanto, é prioritario para os galegos e galegas ter alí representándonos a alguén que poña enriba da mesa todas as problemáticas do País. Alguén sen ataduras, que antepoña os intereses de Galiza ás directrices que lle marque dende Madrid.

O BNG é a única forza política das que se presentan a estas eleccións que ten máis que demostrado ese compromiso. Compre, pois, telo en conta a hora de ir a votar. A nosa capacidade de ser decisivos en Madrid traducirase en mellores infraestructuras, máis apoio aos nosos sectores productivos, a políticas de igualdade, sociais, e de profuncización democrática.

O BNG de Ribeira e da Barbanza tivo nas eleccións municipais un respaldo histórico. Agardamos nesta cita electoral ser premiados novamente coa vosa confianza, porque unha maior representación en Madrid tamén nos permitirá desenvolver dende o BNG de Ribeira e da Barbanza un traballo máis eficaz na procura dunha maior calidade de vida para toda a cidadanía de Ribeira, da Barbanza e do País.

Mitins de campaña:
mitinsxerais08.pdf

Campaña Xerais 2008: imaxes