BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Xerais 08

O BNG pode formar grupo parlamentar en Madrid

Madrid, 26 Marzo 08. O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, salientou este serán, despois da xunta mantida co Secretario de Organización do PSOE, José Blanco, o dispór favorábel do PSOE a estudar as propostas plantexadas polo BNG, en concreto a posibilidade de formar grupo parlamentar con outras forzas políticas. “Hai unha actitude positiva por parte do PSOE pero ten que traducirse en feitos”, advertiu.

Jorquera sinalou que se tratou dunha “entrevista fructífera, na que se falou con franqueza á hora de expór os criterios para a negociación da composición da Cámara e da investidura”. Subliñou o dispór “construtivo e colaborador do BNG co Goberno” pero “é fundamental chegar a acordos políticos”. Ademáis de remarcar que “hoxe non se pechou ningún acordo, expuxéronse os temas e emprazámonos para novos contactos”.

Máis información…

Graciñas por un respaldo decisivo

Mitin da Lonxa de Ribeira

Queremos agradecer a toda a cidadanía de Ribeira e da Barbanza a confianza coa que nos agasallaron nunhas eleccións tan difíciles, nas que tivemos que competir nunha campaña en desigualdade de condicións e nas que a bipolarización do voto entre as dúas forzas estatais foi a tónica dominante.

En Ribeira o BNG foi capaz de consolidarse electoralmente, obtendo un respaldo por enriba da media galega. Logramos 2.207 papeletas e o 14,39% do voto. Os mellores resultados obtivémolos no casco urbano e en Oleiros, con un importante incremento do número de apoios.

En xeral, en toda a Barbanza o BNG recibiu un importantísimo respaldo: con 6.593 papeletas e unha porcentaxe do 16,31, colocámonos non só por enriba da media galega, senón como a segunda comarca da provincia da Coruña onde o BNG obtivo os mellores resultados.

Tamén cabe resaltar o descenso do PP que se fai máis evidente no candidato ao Senado pola Coruña de Ribeira que obtén na súa localidade 245 votos menos que o PP nas eleccións Xerais do 2004.

Por último queremos felicitar aos compañeiros e compañeiras militantes do BNG así como aos simpatizantes que fixeron posíbel có seu traballo estes resultados e o avanzo do Bloque Nacionalista Galego nun novo proceso electoral, converténdose na única forza nacionalista que no Estado incrementou os seus apoios en porcentaxe de voto e en números absolutos. Este respaldo foi fundamental para lograr un deputado e unha deputada nacionalistas que aseguran que nos vindeiros catro anos Galiza teña peso e sexa decisiva en Madrid.

Eleccións Xerais 2008 en Ribeira
Congreso:
resultados-xeraisribeira-2008.pdf
Senado:
xeraisribeira2008senado.pdf

209.042 razóns para dicir grazas Galiza

Mitin na Lonxa de Ribeira

O Bloque Nacionalista Galego obtivo 209.042 votos o 9 de Marzo, 209.042 votos para dicir grazas Galiza. Foi un “éxito eleitoral” e unha “boa noticia para Galiza” –en palabras de Francisco Jorquera- en pleno “bombardeamento bipartidista”. O BNG foi a única forza nacionalista que no Estado incrementou os seus apoios en porcentaxe de voto e en números absolutos.

O balanzo dunha campaña eleitoral haino que facer en función dos obxectivos propostos. O BNG cumpriu todos e cada un deles. Incrementou o número de votos e a porcentaxe e fixo recuar o PP, impediu que se fose cara a un escenario de maiorías absolutas e e obtivo un espazo moi valioso para Galiza nas próximas Cortes Xerais do Estado, un espazo que en moitos momentos da xa inminente novena lexislatura estatal resultará decisivo para formar maiorías.

O resultado do BNG pon ademais de manifesto que en Galiza o bipartidismo é inviábel e, por tanto, que Galiza ten un mapa político proprio e xenuíno do país, o que en termos políticos equivale a dicer que Galiza se comportou o 9 de Marzo como a nación que é.

En Galiza hai tres proxectos políticos perfeitamente diferenciados e hai un espazo político nacionalista absolutamente consolidado, que responde aos intereses do país con independencia de que tipo de elección se trate. Isto último é un logro histórico de enormes proporcións para o pobo galego.

Nada disto tería sido posíbel sen a entrega e a enorme implicación da militancia do Bloque Nacionalista Galego na campaña. “O nacionalismo non ten limites. Hoxe ficou demostrado”, afirmou o coordenador executivo, Francisco Jorquera na noite eleitoral. “Síntome tremendamente orgulloso de ser o portavoz nacional dunha organización como o Bloque Nacionalista Galego, chea de xente que ama o seu país por enriba de todo”, manifestou Anxo Quintana na súa comparencia perante os meios na noite do 9-M, cando xa era unha evidencia o avanzo eleitoral do BNG.

A Executiva cualificou de «éxito» os resultados eleitorais

A Executiva Nacional cualifica de “éxito” os resultados eleitorais do BNG e salienta que “permitirán que Galiza sexa decisiva”

Santiago de Compostela, 10 marzo 08. A Executiva Nacional do BNG cualificou de forma unánime os resultados obtidos polo BNG nas Eleccións Xerais do 9 de marzo como “un gran éxito tanto para o BNG como para Galiza” malia un cenário fortemente bipartidista a nivel de Estado.

O coordenador executivo e deputado eleito pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, salientou na rolda de prensa posterior á Executiva que “o BNG cumpriu os tres grandes obxectivos que tiñamos marcados: que Galiza sexa decisiva en Madrid, que non houbera maiorías absolutas e que en Galiza avanzase o BNG e recuase o PP”.

Máis información…

Resultados oficiales:
Resultados Xerais 2008

Resultados Xerais 2004

Nova no País:
Jorquera se felicita por “romper el guión del bipartismo” en Galicia

Nova na Voz:
«Ábrese un escenario moi positivo para nós»

Nova relacionada en Galicia Hoxe:
Quintana logra que o Bloque resista a marea bipartidista

Canal Rías Baixas:
Nova relacionada
Datos

Anxo Quintana valora os resultados das Eleccións Xerais 2008

Quintana compareceu na sede nacional do BNG

O portavoz nacional do BNG expresou o pésame e a solidariedade do BNG coa familia e os achegados de Isaías Carrasco

Santiago de Compostela, 7 Marzo 08. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana expresou, nunha comparecencia de urxencia, o pésame e a solidaridade do BNG con Isaías Carrasco, a persoa asasinada esta mañá en Arrasate-Mondragón e os seus achegados e compañeiros de partido.

Máis información…

O BNG expresa a súa máis enérxica condena

O BNG expresa a súa máis enérxica condena perante o execrábel asasinato de Isaías Carrasco

Os nacionalistas galegos suspenden todos os actos de campaña

Santiago de Compostela, 7 Marzo 08. O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena perante o execrábel asasinato de Isaías Carrasco, tiroteado hoxe por un terrorista de ETA.

O BNG transmite as súas condolenzas aos familiares e achegados desta nova vítima mortal de ETA, así como a súa solidariedade ao Partido Socialista, do que Isaías Carrasco era militante.

O BNG vai suspender todos os actos programados para o último día de campaña, como testemuño da súa repulsa perante a barbarie terrorista e como tributo solidario en homenaxe a Isaías Carrasco.

A violencia terrorista repugna a conciencia de todos os demócratas e ofende tamén a conciencia profundamente pacifista do pobo galego. A miseria moral do terrorismo representa un intolerábel atentado contra os dereitos humanos máis elementais e obriga a todas as forzas políticas democráticas, a todos os pacifistas, a manter unha acción unitaria e a non facer uso político nen eleitoralista da violencia.

Este é o momento da unidade entre os demócratas o momento da fortaleza do Estado de Dereito e da democracia fronte a iniquidade dos terroristas.

Un portavoz do BNG vai asistir esta mesma tarde ás 18.00 horas no Congreso a unha reunión das forzas políticas democráticas para analizar a situación criada tras este execrábel atentado.

Apoiar ao BNG é apostar polo dereito a deseñar o futuro do noso País

fotoentrevista.jpg

Entrevista a Dominga Brión

É a primeira vez que algún/ha membro do BNG da Comarca ocupa un posto tan alto nunha candidatura ao Congreso, como o valora Dominga Brión?

Dun xeito moi positivo. Considero un importante recoñecemento a un labor colectivo do BNG de Ribeira que obtivo nas últimas elección municipais uns resultados históricos. Este incremento de votos reflexa a confianza que a cidadanía de Ribeira deposita cada vez máis en nós.

O BNG leva 12 anos no Congreso dos Deputados nos que salientou a figura de Francisco Rodríguez, como foi a súa relación con Ribeira?

O BNG fixo un intenso traballo en favor de Galiza e Francisco Rodríguez puxo a Ribeira en Madrid. Moitos dos nosos problemas teñen alí a solución: pensemos nos continuos verquidos á Ría, no deficiente funcionamento de Correos ou na demanda do Rexistro da Propiedade para Ribeira.

O BNG “vende” a participación nos orzamentos do estado como o gran logro desta presencia en Madrid.

O labor do BNG foi decisivo para que os investimentos en infraestructuras do Estado en Galiza foran superiores ao 8%. Isto supón un total de 2.040 millóns de € para o 2008. Ademais, o BNG logrou uns investimentos adicionais de 2.600.000 € en proxectos concretos nos 4 concellos da Barbanza para o 2008.

Pero quedan moitos problemas por resolver… cales son as prioridades do BNG para a vindeira lexislatura?

O BNG ten que ser decisivo en Madrid. Dese xeito poderán saldarse débedas históricas pendentes. Unha delas, o apoio aos sectores productivos: o complexo mar-industria é o motor da nosa economía, pero irrelevante no Estado. Con máis forza en Madrid poderemos seguir potenciando a nosa pesca e o marisqueo. É preciso lexislar para dar cobertura ás singularidades da xente do mar: adoptando medidas para o recoñecemento de enfermidades profesionais, coeficientes reductores para a xubilación, ou que as mulleres do mar teñan os permisos por maternidade necesarios, así como o dereito á excedencia para coidado dos seus fillos e fillas, sen perder o Permex. Dar solución á posibilidade de votar dos nosos mariñeiros embarcados ou rebaixar as tarifas telefónicas, son outras das nosas propostas.

Todas estas cuestións serán levadas ao Parlamento polo BNG. Só terán unha solución acaída se Galiza ten unha presencia forte. Esto só o garante o BNG.

Peche de campaña no Liceo Marítimo de Ribeira

Mitin da Lonxa

O venres, 7 de marzo, ás 20:30 horas, mitin de peche do BNG de Ribeira no Liceo Marítimo de Ribeira.

No mesmo intervirán:

Ana Álvarez, Concelleria de Ribeira
Xosé Luís Groveiro, Concellerio de Ribeira
Marta Souto, Directora Xeral para o Deporte
Dominga Brión, Voceira BNG Ribeira e candidata ao Congreso

Agardamos contar coa túa presenza!!

Respaldo ao sector turístico e ao pequeno comercio

b6c9f1.jpg

A candidata da Barbanza ao Congreso, Dominga Brión, acompañada da directora xeral de Comercio, Ana Rúa, e do director xeral de Turismo, Rubén Lois, mantivo unha reunión con comerciantes e hostaleiros na Sede da Asociación de Empresarios de Ribeira.

Ana Rúa e Rubén Lois explicaron as políticas das súas respectivas direccións xerais e insistiron na importancia de ter unha boa representación en Madrid para poder levar a cabo as actuacións dos seus departamentos, nos que teñen competencias exclusivas, sen inxerencias do Estado.

Pola súa parte, Dominga Brión, fixo fincapé na necesidade de respaldar a un sector tan importante na Barbanza e no País, como é o comercio de proximidade e o turismo, e na importante labor que se está facendo dende as direccións xerais respectivas. Sen embargo, recalcou a necesidade de ser decisivos en Madrid para blindar as competencias na materia, impedindo intromisións por medio de leis marco, no ámbito da planificación económica xeral do Estado.

Así, por exemplo, na comunidade de Madrid, gobernada polo PP, a lei de horarios existente é ultraliberalizadora e claramente prexudicial co pequeno comercio, con 22 festivos hábiles comercialmente, fronte aos 8 que existen en Galiza.

No relativo ao sector turístico, o BNG dende o Estado, apoiará a promoción turística da Barbanza nas oficinas de Turespaña, e solicitará que se transfira a xestión dos paradores de Turismo que están en Galiza.

O BNG seguirá reclamando o ritmo inversor do 8% para mellorar as nosas infraestructuras, así como, a transferencia da xestión e da titularidade á Xunta de Galiza dos tres aeroportos galegos para, deste xeito, impulsar un sistema aeroportuario integrado que procure a especialización e a complementariedade dos tres aeroportos galegos para atender as distintas demandas. Todo isto facilitará a chegada de fluxos turísticos a Galiza e, en particular, á Barbanza que traerá consigo tamén un impulso ao comercio local.

O apoio aos sectores productivos e a diversificación da economía local para crear emprego e riqueza, son outras apostas do BNG que repercutirán positivamente no comercio e no turismo da Barbanza.

Nova na Voz:
O BNG reafirma o seu apoio ao comercio e ao turismo da zona