BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Iniciativas do Grupo Municipal

Toma de posesión do Grupo Municipal

Demandamos que se recurra o POL para defender os dereitos da veciñanza

Presentamos unha iniciativa municipal para demandarlle ao Goberno do PP que adopte as medidas oportunas, mesmo recorrendo o Plan de Ordenación do Litoral ante o Tribunal Contencioso-Administrativa, para defender os intereses xerais dos veciños e veciñas de Ribeira. (máis…)

Xuntanzas informativas en Artes e Carreira

Hoxe estivemos en Artes e Carreira en xuntanzas informativas coa cidadanía. Lei de Augas, Plan de Ordenación do Litoral e temas parroquiais foron as cuestións tratadas. Comprometémonos coa cidadanía a solucionar dende o goberno, a partir do 22 de maio, as problemáticas da veciñanza demandadas dende a oposición que o goberno do PP non foi quen de solventar.

Máis información:

Plan de Ordenación do Litoral (POL)

Lei de Augas

O saneamento do Vilar segue sen rematar dous anos despois de iniciadas a obras


Nas imaxes pode verse o estado actual da estrada

Solicitámolle ao Goberno do PP de Ribeira que remate as obras do saneamento do Vilar o antes posible, xa que dificulta a vida cotiá da cidadanía e mesmo representa un grave risco para a súa propia seguridade. Tamén lle demandamos que faga un control máis exhustivo da obra pública que se fai no Concello. (máis…)

8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Adelina Ces, Dores Torrado, Cristina Andrade e eu presentamos, en nome do BNG da Barbanza, a iniciativa municipal que presentamos en todos os concellos da comarca. (máis…)

Demandamos a posta en funcionamento da Casa da Xuventude

Presentamos unha iniciativa municipal pola que lle demandamos ao concello de Ribeira que poña, de xeito inmmediato, a Casa da Xuventude a disposición da cidadanía de Ribeira.

Na moción tamén solicitamos que o concello de Ribeira consensúe coas entidades xuveniles, de xeito urxente, o regulamento de participación na nomeada Casa da mocidade, para que o sintan como un espazo propio. (máis…)

O BNG reúnese co Comité de Empresa do Hospital da Barbanza para reivindicar a dotación de celadores

"Visita do BNG ao Hospital da Barbanza"

Onte acudimos á xuntanza convocada polo Comité de Empresa do Hospital da Barbanza, para reivindicar a dotación de celadores no noso hospital. Ana Luisa Bouza, deputada do BNG e portavoz de sanidade no Parlamento Galego, acompañounos. Rosana Pérez, candidata pola Pobra, Anxela Franco, candidata polo Son, e o concelleiro de Ribeira, Xosé Luís Groveiro, así como o concelleiro de Boiro, Xan León e máis eu fomos as/os encargadas/os de tranmitirlle ao Comité de Empresa o apoio do BNG da Barbanza nesta xusta reivindicación. (máis…)

O PP rexeita construir un campo de adestramento na Fieiteira

O BNG de Ribeira demanda un campo de adestramento na Fieiteira

O Goberno do PP de Ribeira rexeitou contruir un campo de adestramento na zona leste do campo de céspede artificial da Fieiteira, que está a monte. A iniciativa foi presentada en Pleno polo BNG, recollendo as demandas das entidades deportivas.

O PP tamén rexeitou acometer as obras necesarias para dotar ao campo de herba sintético da Fieiteira das gradas adecuadas, arranxar o sistema de iluminación e mellorar a limpeza do entorno, como reclamaba o BNG.

Máis información

Reclamámoslle en Pleno ao Goberno do PP que actúe para garantir o normal funcionamento do aparcadoiro do Centenario

Dominga Brión, Xosé Luís Groveiro e Ana Álvarez no Pleno de decembro de 2010

No último Pleno ordinario, celebrado o pasado luns, o BNG solicitoulle ao Goberno do PP que tomara as medidas oportunas para garantir o normal funcionamento do aparcadoiro da Praza do Centenario. A voceira do BNG, Dominga Brión, considera que non é de recibo que coa problemática que hai de falta de aparcamento, teñamos un aparcadoiro de arredor de 600 prazas no medio do pobo, practicamente baldeiro, mentres o Goberno do PP mira para outro lado.

Máis información: (máis…)

Propoñemos medidas para a erradicación dos atropelos

Dominga Brión, Xosé Luís Groveiro e Ana Álvarez no Pleno de decembro de 2010

O BNG de Ribeira ven de presentar sendas iniciativas municipais, diante da Xunta de Goberno Local e diante do Pleno Municipal, polas que propón a adopción urxente dun Plan de actuación para localizar todos os puntos negros e tomar medidas inmediatas para á erradicación dos atropelos en Ribeira, tanto no casco urbano como nas estradas de todo o Concello. Entre eles: a estrada 550 ao seu paso por Oleiros, e ás entradas do casco urbano: Avdas. da Coruña, Ferrol e Malecón, demandando unha actuación especial na Rúa Canarias, en pleno casco urbano de Ribeira, para que se habilite un espazo para peóns en tanto non se dote de beirarrúas.

Tamén propón que entre as medidas a tomar, con dotación de beirarrúas onde falten, se valore especialmente a construción de pasos elevados, pola eficacia demostrada noutros concellos na erradicación de atropelos, e a dotación de semáforos dos que carece o casco urbano de Ribeira.

Máis información: (máis…)