BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Galiza Nova

Demandamos a posta en funcionamento da Casa da Xuventude

Presentamos unha iniciativa municipal pola que lle demandamos ao concello de Ribeira que poña, de xeito inmmediato, a Casa da Xuventude a disposición da cidadanía de Ribeira.

Na moción tamén solicitamos que o concello de Ribeira consensúe coas entidades xuveniles, de xeito urxente, o regulamento de participación na nomeada Casa da mocidade, para que o sintan como un espazo propio. (máis…)

Acto de Galiza Nova sobre vivenda

Teresa Táboas e Dominga Brión participaron no acto sobre vivenda organizado por Galiza Nova ao que non quixeron faltar representantes do BNG de toda á Barbanza.

Charla-Coloquio de Galiza Nova no Ateneo: accesibilidade da xente moza á vivenda

Teresa Táboas e Dominga Brión

Mañá, venres 18 de decembro, ás 20.00 horas, charla-coloquio no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira: Accesibilidade da xente moza á vivenda

Intervirán:

Adrián Romay: Responsábel Comarcal Galiza Nova

Iria Aboi: Secretaria Xeral de Galiza Nova

Dominga Brión: Portavoz Municipal BNG Ribeira

Teresa Táboas: Deputada do BNG no Parlamento Galego e Conselleira de Vivenda e Solo na anterior lexislatura

Acto de Galiza Nova en defensa da lingua en Ribeira

lingua_galega_ateneo.jpg

Galiza Nova e o BNG reclaman un COF na Barbanza

Con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero, Galiza Nova e o BNG promoven unha recollida de sinaturas para que a Barbanza conte cun Centro de Orientación Familiar (COF).

Centos de persoas se achegaron a mesa informativa instalada no mercadillo de Ribeira, na que se repartiron uns 400 folletos e se recolleron preto doutras tantas sinaturas a prol de que esta comarca conte cun COF.

Os Centros de Orientación Familiar facilitan asesoramento e asistencia médica en materia de sexualidade e anticoncepción. Este é un servizo longamente demandado pola comunidade educativa da Barbanza, pola Asociación Antidroga Renacer e que conta tamén co respaldo das Corporacións Municipais dos catro concellos da comarca.

Galiza Nova quer que Ribeira conte con locais de ensaio

Concerto de Galiza Nova de Ribeira

Galiza Nova de Ribeira cualifica de rotundo éxito o concerto organizado con motivo da presentación da nova dirección local.

Tutos e Penli Krew amenizaron unha agradable velada durante a cal, a nova Responsábel Local, Antía Pérez Brión e a Vicerresponsábel, María Sevilla, xunto con Manuel Martínez Mariño, Laura Paz Pérez e Xurxo Pról, membros da agrupación local, aproveitaron para anunciar que, gracias as xestións feitas polo BNG, a Dirección Xeral de Xuventude de Vicepresidencia, acondicionarán un local de ensaio en Ribeira, sempre que o Concello aporte un local para integralo na REDE GALEGA DE LOCAIS DE ENSAIO.

O obxectivo desta iniciativa e fomentar a nosa cultura e a posta en práctica de actividades de ocio alternativo entre mozos e mozas. A integración deste local na Rede Galega terá beneficios importantes. A posibilidade de utilizar unha páxina web para a publicitación dos grupos, o acceso a unha liña de subvencións anuais para mellorar as instalacións ou a dotación e a participación nun programa da Radio Galega, son algúns deles.

A Responsábel Local de Galiza Nova agradeceu a asistencia a todos e todas as presentes, amosou o compromiso da organización a traballar pola xente nova de Ribeira e animounos a participar nas actividades que seguirán ralizando este grupo de mozas e mozos que comezan unha nova andaina cargados de ilusión.

Nova na Voz:
Galiza Nova elixe a Antía Pérez para tomar as rendas da agrupación xuvenil ribeirense

Acto de Galiza Nova de Ribeira

O vindeiro venres, día 12, ás 21:00 horas, Galiza Nova de Ribeira presentará en acto público a nova dirección local. Para a ocasión fixeron unha camiseta chulísima deseñada por Manix Dixital.

Galiza Nova Ribeira

Camiseta de Galiza Nova de Ribeira Camiseta, parte de atras