Xoves ás 20:30 h no Liceo Marítimo o BNG fai un acto informatico sobre as participacións preferentes onde contaremos coa asistencia de Carlos Aymerich, deputado no parlamento galego.
BNG Ribeira
Alegacións para que a EDAR de Ribeira conte cunha solución específica para Xarás
É unha vella demanda do BNG, que Ribeira conte co necesario saneamento integral das súas augas residuais. Augas de Galiza non ten previsto facer a Estación de Depuración Augas Residuais (EDAR) específica para os residuos do Polígono de Xarás, a pesar de recoñecer que teñen unha alta carga contaminante e sendo a metade das augas residuais do concello de Ribeira. A solución que ofrecen é levalas ó emisario do Touro e botalas directamente á ría sen depurar. Na actualidade o emisario está roto e contamina zonas de marisqueo e baño.
Demandamos do Partido Popular que antepoña os intereses da cidadanía de Ribeira ós do seu partido e esixa á Xunta de Galiza, como fai e fixo sempre o BNG, que a depuración das augas residuais se faga con todas as garantías, respectando o acordo acadado por unanimidade (PP, BNG, PSOE, IPdR) no Pleno do día 30 de Xullo do 2007, que incluía entre outros puntos, “que se solicite da Xunta de Galicia unha depuradora específica para o Polígono Industrial de Xarás”.
Demandamos tamén o cumprimento do compromiso recollido na acta do día 25-03-2010: “O Sr. Alcalde asegura que a solución dos vertidos urbanos irá de forma paralela á solución e confirmación da depuración industrial”.
Se todos os Grupos Municipais fomos capaces de chegar a este acordo de mínimos, non se entendería agora posturas contrarias por parte do goberno local e autonómico. Ribeira, ten unhas enormes potencialidades tanto no ámbito dos sectores vencellados ao mar como á industria e ao turismo, dos que dependen moitos postos de traballo.
Consideramos que pretender depurar só as augas residuais urbanas, deixando sen depurar as industriais, dista moito de ser unha depuración integral e sustentable. Non esquezamos a privilexiada situación xeográfica do noso concello: a carón da Ría da Arousa, unha das máis produtivas do mundo, área costeira de grande riqueza pesqueira e marisqueira; formando parte do Parque Nacional da Illas Atlánticas, e contando co Parque Natural máis visitado de Galiza e cunha ampla área de Rede Natura. Estamos falando, pois, dun espazo dos máis singulares de Europa, que conta cun alto grao de protección, polo tanto, todas as medidas que se adopten para non poñer en perigo toda esta riqueza natural son poucas.
Pincha aquí para ver as nosas alegacións: ALEGACIONS
Anteriormente propostas e iniciativas do BNG sobre a EDAR de Ribeira:
http://www.bng-ribeira.org/index.php/category/edar-de-ribeira/
Exito da Folga Xeral en Ribeira

Milleiros de persoas concentráronse en Ribeira, entre elas, estaba o Bloque Nacionalista Galego que estivo apoiando a Folga Xeral, porque entendemos que é un grave atentado contra os nosos dereitos laborais.
O BNG defende outro tipo de políticas, políticas alternativas que permitan saír da crise sen castigar á cidadanía. Non só o defendemos nas institucións senón tamén a pé de rúa, alí onde está a xente.
Renovación do Consello Local e Grupo Municipal
O Goberno do PP de Ribeira, rexeita apoiar a iniciativa en defensa da Sanidade Pública
Acadamos o apoio unánime dos Grupos Municipais para demandar medidas contra os desaucios
Iniciativa Municipal:
O PP rexeita unha moción do BNG no que se pide á Xunta a paralización das privatizacións de garderías
Iniciativa Municipal








