O martes achegámonos a Aguiño para informar sobre o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e a Lei de Augas, entre outros temas. Mañán ás 19:00 horas, estaremos en Corrubedo.
O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de dez de febreiro de 2011 aproboú definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL), que se publicou no Diario oficial de Galicia de 23 de febreiro de 2011.
O POL afecta a boa parte do Concello de Ribeira, só queda excluída do seu ámbito a parroquia de Oleiros. Os municipios con planeamento xeral non adaptado a LOUGA, como é o caso de Ribeira, iniciarán a adaptación do seu PXOM ao POL antes de transcurridos tres anos desde a entrada en vigor do POL.
O planeamento urbanístico está vinculado ao POL e deberá redactarse en coherencia co seu contido. As determinacións do POL serán directamente aplicables e prevalecerán sobre as do planeamento urbanístico.
As áreas continuas do POL son: protección ambiental, mellora ambiental e paisaxística e ordenación litoral.
Protección ambiental, engloba os sistemas de praia-duna e os espazos afectados polas dinámicas litorais. Están prohibidos os desenvolvementos urbanísticos.
Mellora ambiental e paisaxística, inclúe a paisaxe litoral próxima á costa. Engloba o espazo rural mais directamente asociado ao mar. Excepcionalmente, permitiranse crecementos urbanísticos que se formulen para completar a trama urbana existente.
Ordenación, as áreas de ordenación abranguen as planicies costeiras situadas tras a fronte litoral. Esta área considérase apta para os desenvolvementos urbanísticos desde calquera tipo de asentamento.
Máis información POL:
Descargables do Plan de Ordenación do Litoral
Para ver a cartografía: Documentación gráfica/PDF/Modelo de Xestión ou Documentación gráfica/PDF/Modelo Territorial
Dentro das carpetas buscamos o arquivo que nos interesa:
Corrubedo: BD03 e BE03
Olveira, Artes, Palmeira: BD04
Ribeira, Carreira, Castiñeiras: BE04
Aguiño, Castiñeiras: BF04
Normativa publicada no DOG de 23 de febreiro
Máis información Lei de Augas de Galicia







[...] Plan de Ordenación do Litoral (POL) [...]
[...] Máis información sobre o POL [...]