BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Outubro, 2010:

O BNG logra o apoio do PLENO para o mantemento do GRUMIR de Ribeira

No Pleno do pasado luns, día 25 de outubro, aprobouse unha iniciativa do BNG pola que se acordou reclamarlle á Xunta o mantemento do GRUMIR de Ribeira.

Máis información: (máis…)

Pleno Municipal outubro 2010

Toma de posesión dos 6 concelleiros e concelleiras do BNG de Ribeira

No Pleno Ordinario do Concello de Ribeira do vindeiro luns, día 25 de outubro, debateranse un importante número de iniciativas presentadas polo BNG: 6 mocións e numerosas solicitudes. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de 6, tantas como concelleiros e concelleiras ten o BNG. Lembramos que os plenos son públicos e poden asistir todas aquelas persoas que o desexen.

Preme enriba da iniciativa para obter máis información sobre a mesma.

As mocións son en relación cos seguintes temas:

1.- Pista multideportiva no Parque do Centenario
2.- Novo Mercado Municipal para Ribeira na actual ubicación
3.- Continuidade do GRUMIR de Ribeira
4.- Demanda de saneamento e actuación integral no Castro en Carreira
5.- Mellora da atención e servizo na sanidade pública
6.- Mantemento do servizo de Noitebús

Demandamos un novo mercado na actual ubicación

O BNG presentou unha iniciativa que se debaterá no Pleno do vindeiro luns, día 25 deste mes, pola que solicita, unha vez máis, que se dote a Ribeira dun novo Mercado Municipal na ubicación actual, procedendo á demolición ou rehabilitación total do vello edificio para construír no seu lugar o novo, trasladando, mentres tanto, a unha localización alternativa os actuais postos de venda.

Tamén lamenta a falta de interese por parte do Goberno do PP que non fixo nada por axilizar a construción dun novo mercado, como demostra o feito de que non xestionara a inclusión de ningunha partida nos orzamentos da Xunta 2011 por este concepto.

Máis información: (máis…)

Solicitamos unha pista multideportiva no Parque do Centenario

No Pleno do vindeiro luns, 25 de outubro debaterase unha iniciativa pola que o BNG lle reclama ao Goberno do PP de Ribeira que faga unha pista multideportiva no Parque Centenario que permita á rapazada poder practicar xogo e deporte.

O BNG de Ribeira leva moito tempo facéndose eco das demandas dos usuarios e usuarias das instalacións deportivas do noso concello. Unha das máis reiterativa é a carencia de espazos axeitados para facer deporte “espontáneo” – deporte que practican fundamentalmente os rapaces e rapazas sen ter quedado previamente para o mesmo-.

Os parques como espazos de convivencia polivalentes deben satisfacer as demandas tanto de nenos e nenas pequenos/as- columpios, chan acolchado, etc.-; maiores –bancos e lugares con sombra-; e tamén dos nenos e adolescentes que queren “xogar un partido”. O noso concelle adoece destes últimos espazos no casco urbano de Ribeira.

Un dos casos máis evidentes é o do Parque do Centenario (antigo Campo da Feira) onde os numerosos/as rapaces e rapazas xogan ao balón nunha zona axardinada, co seu correspondente deterioro da zona verde.

Iniciativa municipal:
construcion-pista-multideportiva.pdf