O BNG ven de presentar unha Proposición non de Lei no Parlamento Galego para reclamarlle ao Goberno do PP da Xunta que amplie o prazo para presentar alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral (POL).
O Consello da Xunta do Partido Popular aprobou inicialmente o Plan de Ordenación do Litoral de Galiza o día 29 do pasado mes de xullo. A partir de aí e tras a súa publicación abriuse un prazo de dous meses para a presentación de alegacións, coincidindo nun mes inhábil como é o de agosto.
Dende o BNG consideramos que o tempo para que a cidadanía estude un documento tan complexo e de tanta transcendencia e poida facer alegacións é curto. Por esta razón, o grupo Parlamentar do BNG presentou unha Proposición non de Lei no Parlamento Galego para instar ao Goberno galego a ampliar un mes máis o prazo de presentación de alegacións.
Máis información:
Toda a información a respecto deste documento se pode descargar dende esta páxina:
Plan de Ordenación do Litoral
Iniciativa parlamentar:
2010-09-03ampliacion-prazo-alegacions-pol.pdf






