BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Setembro, 2010:

Alerta máxima: o PP invade Ribeira de eólicos e piscifactorías

eolicos-no-monte-da-cidade.jpg
Eólicos no Monte da Cidade e arredores

Eólicos en San Alberte
Eólicos en San Alberte

Parques acuícolas do Corgo e Seráns
Parques acuícolas do Corgo e Seráns

Piscifactoría na Graña
Piscifactoría na Graña

Piscifactoría en Couso
Piscifactorías en Couso

Baixo a premisa de “protexer o noso litoral costeiro” o Goberno do PP hipoteca as vivendas legalmente construidas de moitas e moitos de nós. O mesmo argumento válelle para invadir de eólicos unha inmensa área no Monte da Cidade e arredores e dende San Alberte até Moldes. Ou para consolidar a macro piscifactoría do Corgo (208.000 m2) e tres en Aguiño. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, xulga por ti mesm@.

As zonas raiadas en cor marrón corresponden ao Plan eólico que a Xunta contempla no POL para o Monte da Cidade e arredores e para o entorno de San Alberte. As raiadas en azul aos parques acuícolas. A raiada en verde da segunda imaxe ao Parque Empresarial da Barbanza. Preme na primeira imaxe para acceder aos descargables da web da Xunta se queres ter máis información.

O BNG organiza actos informativos sobre o POL

O BNG de Ribeira está organizando actos por todo o concello para informar á cidadanía da afección do Plan de Ordenación do Litoral (POL) en Ribeira.

Actos Informativos:

Luns, 20, ás 19,00 horas, Aguiño, Salón de Actos Confraría
Luns, 20, ás 21,00 horas, Castiñeiras, Casa da Cultura

Martes, 21, ás 19,00 horas, Olveira, Bar “O Rueiro”
Martes, 21, ás 21,00 horas, Ribeira, Liceo Marítimo

Mércores, 22, ás 19,00 horas, Corrubedo, Casa do Mar
Mércores, 22, ás 21,00 horas, Palmeira, Casa do Mar

Venres, 24, ás 19,00 horas, Artes, Centro Recreativo
Venres, 24, ás 21,00 horas, Carreira, Casa Cultura

Reclamamos a ampliación do prazo para presentar alegacións ao POL

Plan de Ordenación do Litoral en Ribeira

O BNG ven de presentar unha Proposición non de Lei no Parlamento Galego para reclamarlle ao Goberno do PP da Xunta que amplie o prazo para presentar alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral (POL).

O Consello da Xunta do Partido Popular aprobou inicialmente o Plan de Ordenación do Litoral de Galiza o día 29 do pasado mes de xullo. A partir de aí e tras a súa publicación abriuse un prazo de dous meses para a presentación de alegacións, coincidindo nun mes inhábil como é o de agosto.

Dende o BNG consideramos que o tempo para que a cidadanía estude un documento tan complexo e de tanta transcendencia e poida facer alegacións é curto. Por esta razón, o grupo Parlamentar do BNG presentou unha Proposición non de Lei no Parlamento Galego para instar ao Goberno galego a ampliar un mes máis o prazo de presentación de alegacións.

Máis información:

Toda a información a respecto deste documento se pode descargar dende esta páxina:
Plan de Ordenación do Litoral

Iniciativa parlamentar:
2010-09-03ampliacion-prazo-alegacions-pol.pdf