O pasado venres representantes do BNG e da veciñanza do Campo da Agra de Corrubedo volveron a reclamar o replanteo “in situ” da alineación deslinde entre chan urbano e rústico de especial protección do terreo para o que a Xunta de Goberno Local concedeu licenza pola que se autoriza a construción de 17 vivendas en Campo da Agra, en Corrubedo. Consideran que debe revisarse a devandita licenza para adecuala ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribeira e ao resto da normativa vixente
Na vista en 3D, feita por un dos veciños afectados, pode comprobarse as ilegalidades que se denuncian.
Máis información:
Iniciativa municipal do BNG:
Denunciamos unha ilegalidade urbanística en Corrubedo
Nota de prensa integra da veciñanza:
nota_prensa_vecinanza_campo_agra.pdf
Nova no Canal Rías Baixas:
Veciños de Corrubedo denuncian a permisividade do concello coas construcións en solo protexido
Nova na Voz:
Vecinos de Corrubedo denuncian a concesión de dúas licenzas «ilegais»
Nova no Diario de Arousa:
denuncia-no-diario-de-arousa.pdf






