BNG-Ribeira
BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

O BNG volve ao Parlamento Europeo

Nunha loita absolutamente desigual, o BNG presentouse a estas eleccións Europeas co obxectivo de ter presenza no Parlamento Europeo, do que estivo ausente na última lexislatura. A pesar de todas as dificultades coas que nos atopamos, un milleiro de persoas en Ribeira déronnos o seu apoio situándonos por enriba da media provincial e galega obtida polo BNG. A todas elas lle queremos agradecer, unha vez máis, a confianza que depositaron en nós. O seu respaldo é decisivo para que, xunto con máis dun cento de milleiros de galegos e galegas, as demandas de todas e todos nós se escoiten no Parlamento Europeo.

A todos os compañeiros e compañeiras que durante estes días de campaña traballaron arreo colocando bandeirolas, pasando megafonías, participando en mitins, repartindo información a pé de rúa, ou mesmo, casa por casa, mil grazas. Todo ese esforzo valeu a pena. Agora compre empregarse a fondo nos dous anos que quedan para conseguir que ese 57% de homes e mulleres de Ribeira que non foron a votar nos dean o seu apoio, e poidamos gañar así as Municipais do 2011.

Resultados das Europeas 2009:
europeas-2009.pdf


12 comentarios

  1. “loita absolutamente desigual”.

    Sinceramente Dominga no se a que te refieres. Pero bueno allá tu con tú analisis, lo que no veo en ninguna línea es ni siquiera una sombra de autocrítica, que pasa que todo lo hicisteis a la perfección pero el pueblo como siempre es imbécil o analfabeto?

    Sin autocritica, solo hay un camino…EL FRACASO TOTAL.

    UN SALUDO

  2. Domi di:

    Ola Manuel:
    Ante todo agradecer a túa opinión e a túa participación neste foro.

    Non era a miña intención facer nesta breve anotación ningún tipo de análise dos resultados obtidos polo BNG nas eleccións europeas. O meu obxectivo era moito máis humilde, pero igualmente importante: agradecer o respaldo da cidadanía que nos votou e sobre todo o xeneroso traballo feito polos compañeiros e compañeiras, que foi moito máis do que parece.

    Aínda que non a fagamos pública, non quere dicir iso que no BNG non fagamos autocrítica destes e doutros resultados electorais. Si a facemos, por suposto. Pero no BNG pensamos que os trapos sucios é mellor lavalos na casa. Con todo, direiche que é unha realidade que non fomos capaces de mobilizar ao noso electorado e que compre redobrar esforzos se queremos que haxa un cambio de goberno en Ribeira no 2011. Tamén teño que dicir que nese esforzo é fundamental o apoio do pobo. Sen el, todo o traballo que se faga é inútil.

    Para rematar, comentarche que, como seguramente sabes polos medios de comunicación, estas eleccións coincidiron co proceso de reorganización interna no que o BNG está inmerso. Ademais, levamos 5 anos fora do Parlamento Europeo e a única posibilidade que tiñamos de volver é formando parte dunha coalición onde a nosa candidata ía de número 2. Nestas condicións, convencer á cidadanía para que nos dea o seu apoio, nunhas eleccións que non suscitan moito interese, é realmente complicado. Pero se a todo isto lle sumas o enfoque bipartidista e de primarias que se lle dou a esta campaña en todos os medios de comunicación, nos que os partidos coma o BNG quedaron practicamente excluídos, concordarás comigo que a loita de igual ten pouco.

    Con todo, Ana Miranda, levará a voz dos galegos e galegas ao Parlamento Europeo durante ano e medio. Independentemente, pois, das análises máis de vagar que poidan facerse e que se farán, non o dubides, o obxectivo máis importante acadouse.

    Saúdos

  3. Elle di:

    Estoy de acuerdo, en buena parte, con el enfoque que hace Dominga. Como ciudadana decente, que me considero, me pareció vomitiva la campaña de los dos grandes partidos: ni el PP ni en PSOE mostraron el más mínimo interés por Europa. Mucho menos exponer sus propuestas y menos aún explicarle a la gente por que votarles: pues aún así, votó, pero eso sí, la mitad se quedó en casa. Claro que es bueno hacer autocrítica, pero me preocupa más la deriva camorrista y barriobajera del PP y PSOE, y sus métodos, que los ajustes que debe hacer el BNG porque, entre otras razones, en medio de tal follón, quien no se mueve?

  4. Gracias por publicarme y sobre todo por contestarme Dominga, eso demuestra tu valentia, pero siento contradecierte, fue un error considerable ir de la mano de un Partido Independentista Catalán como es ERC para, tan solo conseguir 16 meses en el Parlamento Europeo.

    Si haceis analisis en profundidada vereis que una parte importantisima de vuestro electorado se cree español, y no Independentista gallego. Y eso ha sido, sin duda, lo que os ha hecho perder casi el 40% de los votos respecto a las elecciones europeas pasadas.

    Los trapos sucios de vez en cuando conviene lavarlos en la calle. Si haceis asi recuperareis el voto, sino, la gente de Galicia y de Ribeira cada vez os dará mas la espalda, vais en caida libre, y es tiempo de que alguien os abra los ojos.

  5. Cortegada di:

    En política é importante facer pactos e, de feito, fanse en moitas ocacións entre partidos independentemente das diferenzas ideolóxicas que poida haber entre eles, tratando de chegar a acordos polo que os une.

    Máis ben, en Ribeira, creo que compre facer outra clase de análise. Por qué un partido que leva gobernando máis de 22 anos en Ribeira, sen ser capaz de dotala de infraestruturas básicas coas que sí contan concellos limítrofes (chan industrial, mercado, lonxa, centro de día…), segue tendo tanto apoio social?

  6. Candela di:

    Sí, Cortegada, e aínda poderías continuar coa lista de carencias, porque é ben longa. Pero hai algo que me toda todos os días as narices: mira que cheira en Ribeira, eh? Aínda non foron capaces de sanear Ribeira en tantos anos!!
    Ánimo á xente o BNG que non hai mal que cen anos dure!
    E non olvidedes que cada proceso electoral é diferente. En Ribeira estádelo facendo ben, seguide así, non vos desanimedes que o cambio é posíbel!

  7. Probablemente por que siempre se vota al menos malo. Y para la ciudadanía, desgraciadamente el menos malo es Torres.

    Quizas deberiamos darnos cuenta de que los 3 partidos de la oposición, LOS TRES, deberian renovar sus ideas y sobre todo sus lideres.

    6 elecciones seguidas perdiendo una tras otra son suficiente lección.

    PERO NO APRENDEMOS, CADA PUEBLO TIENE LO QUE SE MERECE.

  8. Cortegada di:

    Manuel, discrepo da túa opinión. Torres está máis que queimado e tivo nas anteriores municipais os peores resultados da súa traxectoria política. De feito foi a primeira vez que o PP tivo menos votos que a oposición. Uns poucos menos e o PP perdería o goberno. Seguro que non volve a ser candidato a unhas municipais porque non vai querer rematar a súa carreira política cunha derrota electoral como lle pasou a Fraga.

    O BNG ten un bo equipo, é a cidadanía deulle un importante respaldo, como demostra o feito que tiveran uns bos resultados nas municipais que se traduciron en 6 representantes no concello. Pero incluso os bos equipos perden partidos e mesmo ligas, senón que llo pregunten a Laporta que aguantou estoicamente abucheos e reiteradas peticións de demisión o ano pasado, para ser triplemente laureado este ano.

  9. jatonejro di:

    O problema de Riveira non e a xente que vota, o problema e a que non vota. Ai esta ajachada a verjonsa deste pueblo. e Torres tanto se encarja de que moitos voten por el como de que outros moitos non voten por ninjen. ¿cantos cartos lle paja a vos de jalisia para que lle faja campaña duante todo o ano? ¿como se reparten os empleos no consello? ¿como se reparten as obras, todas de empresas de fora?¿como se dan lisensias de obra que despois para costas e os donos teñen un problema de moito nabo?¿porque os terrenos de aljúns son edificables todos e de outros ninguns? Por que naljun sitio non deixan faser unha casa e noutros ijuales deixan faser cuarenta? O que hai e que tirar da manta porque roña ai a jodela. Jrasias a dominga por ser a unica que defende a xente. eso no neja ninjen.

  10. Nero di:

    No creo que el error más grave del bng en estas europeas fuesen sus aliados. La coalición es claramente de conveniencia y no me parece mal, hai que “unirse” si quieres hacer valer tus votos. Por otra parte nadie diría que Los Verdes, ni la Chunta Aragonesista son ahora independentistas de nada. Ese no es el problema, no, el problema es que el bng no demuestra creer en europa como unión política como dejó ver en la campaña en la que su candidata, atractiva, por cierto (políticamente, claro) estuvo en un clarísimo segundo plano. El bng utilizó esta campaña para resolver cuestiones internas que, esas si, le están comiendo apoyos a bocados. Espero que las resuelva porque será bueno para todos. Suerte

  11. El análisis es que el BNG perdió 500 votos con respecto a las elecciones europeas pasadas, y el PP ganó casi 500, sin hacer absolutamente NADA.

    El que no lo quiera ver que no lo veo. Pero necesitamos ideas y lideres nuevos en la OPOSICION de Ribeira, en los tres partidos.

    Sino, al tiempo. Torres otra vez alcalde. Y seguireis buscando escusas inutiles.

  12. MD di:

    Ojo este no es el manuel dominguez, conocido, o es un manuel dominguez o alguién puso ese nombre pero no es el que un dia fue candidato

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>