BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Decembro 23rd, 2008:

PLAN SECTORIAL DE VIVENDA EN RIBEIRA

Teresa Táboas e Dominga Brión

A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, comprometeuse coa portavoz municipal do BNG de Ribeira, Dominga Brión, a que o seu departamento non levará a cabo a actuación que o Plan Sectorial de Vivenda ten prevista para Ribeira, sen o consentimento dos propietarios e propietarias do solo.

Este mesmo compromiso foi ratificado no día de onte polo Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, en reunión mantida cos veciños e veciñas afectadas. A esta reunión, xestionada polo BNG a petición da veciñanza, acudiu tamén un técnico da Consellería que explicou polo miúdo as características do plan.

Os afectados manifestáronlle ao Delegado de Vivenda que non están en contra de que se faga vivenda protexida en Ribeira pero que non consideran acaida esa ubicación que, lembremos, foi proposta polo propio Goberno Municipal.

O BNG respecta e defende a posición da veciñanza e insta ao Goberno Municipal a que busque alternativas de solo, consensuadas cos propietarios e propietarias, mesmo con aportación de chan municipal, que permitan que non se perda no noso Concello un importante investimento (que neste caso ascendía a 12,6 millóns de €), para a dotación de vivenda a prezo taxado, coa conseguinte xeración de emprego e revitalización da economía local.

Nova no Canal Rías Baixas:
Vivenda busca o consenso para a construción de vivenda protexida en Ribeira

Nova no Diario de Arousa:
Táboas le aseguró al BNG que no se harán viviendas protegidos en el Caramecheiro