BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Outubro, 2008:

Reclamamos unha ordenanza reguladora do urbanismo

O PP de Ribeira, unha vez máis, rexeita unha proposta do BNG para regular o urbanismo

O BNG de Ribeira ten denunciado en multitude de ocasións a política urbanística do PP de Ribeira. Nesta ocasión presentamos en Pleno unha iniciativa pola que demandamos a elaboración dunha ordenanza para regular o urbanismo en Ribeira. Na moción, que o PP votou en contra no pasado pleno ordinario de setembro, reclamamos algo que nos parece fundamental: a necesidade de crear algún mecanismo que poña fin ao gran caos urbanístico deste Concello; un marco legal no que poida ampararse a cidadanía.

Son multitude os veciños e veciñas que se queixan pola tardanza das licencias, ou por non saber que facer ao atoparse ante o caso de que as licencias municipais estean condicionadas a autorizacións das Consellerías competentes, porque ninguén lles aclara que pasos teñen que seguir e como deben facelo.

Pero poñendo como escusa que xa está todo regulado, o Grupo Municipal do PP vota en contra desta proposta que so viña a poñer un pouco de orde neste departamento, onde a lexislación existente, o propio PXOM, é ambiguo e da lugar a múltiples confusións que poden perxudicar considerablemente á nosa veciñanza.

Iniciativa municipal:
2008-07-17-ordenanza-reguladora-de-licencias-urbanistica.pdf

Precisións sobre Laxe Brava

Plan Acuícola: reserva de chan do Corgo

Ao fío da información publicada no diario El País na edición de Galicia do xoves 2 de outubro sobre o proxecto de Plan de Acuicultura da Consellería de Pesca, en concreto en Corrubedo, e á posición do BNG de Ribeira, remitimos esta breve nota precisando algúns aspectos da súa información que consideramos inexactos:

“A declaración dos “Espazos Naturais de Interese Local” (incluídos na Lei Galega de Conservación dá Naturaza, de 2001) desenvólvense no decreto 124/2005 da Xunta de Galicia. O procedemento de declaración é, xa que logo, coñecido desde entón. No BNG de Ribeira consideramos a súa aplicación ao coñecer, desde logo oficiosamente, que a proposta de ampliación da Rede Natura excluía o espazo da contorna de Corrubedo, un dos máis fermosos do litoral galego como o demostran os seus mais de 300 000 visitantes anuais. Decidimos presentar a proposta logo de ter en man (abril de 2008) a resposta da Consellería de Pesca rexeitando as alegacións do BNG contra a inclusión de Laxe Brava no Plano Acuícola.

Aínda que a moción do BNG que propón a declaración de Espazo Natural de Interese Local para Laxe Brava debaterase no Pleno de outubro, ten rexistro de entrada no Concello de Ribeira de 18 de Xullo de 2008. Así pois, é unha iniciativa propia para aplicar unha figura de protección prevista na lei ante a desidia das Consellerías de Medio Ambiente e Pesca que coa súa actuación eluden a súa responsabilidade e trasladan ao Concello de Ribeira a última vía posible para protexer un patrimonio que é de toda a cidadanía.”

Nova no País:
Treta del BNG de Ribeira para detener el proyecto

Nova relacionada no País:
Medio Ambiente recorta la protección en Corrubedo para incluir una piscifactoría

Inauguración das salas de lactancia de Ribeira

Audiencia con Carme AdánInauguración das Salas de lactancia en Ribeira

A Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, e a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, inauguraron onte en Ribeira un servizo pioneiro que pon en marcha o Centro Comercial Aberto, Viamare, ao que tamén asistiu a voceira municipal do BNG, Dominga Brión.

A presentación das salas de lactancia realizouse na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira e á mesma acudiron o concelleiro do BNG, Xosé Luís Groveiro, e outros membros da Corporación Ribeirense. Tampouco faltaron un importante número de nenos e nenas acompañados das súas nais, que puxeron a nota de cor ao acto.

As xestións do BNG de Ribeira diante da Secretaría Xeral de Igualdade e da Dirección Xeral de Comercio foron decisivas para acadar a financiación necesaria para a posta en marcha deste servizo nun concello que conta con un censo de máis de 1.000 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Nova na Voz:
Viamare dá o pistoletazo de saída ás salas de lactación de bebés coa participación de tres establecementos

O BNG reclama dignidade no traballo diante do Pleno ribeirense

O BNG logrou que por unanimidade a Corporación Municipal de Ribeira rexeitase a proposta de modificación da Directiva sobre Tempo de Traballo, realizada o pasado 9 de xuño pola maioría cualificada de ministros e ministras de Traballo da Unión Europea

Na iniciativa tamén reclamamos que este acordo sexa trasladado á Presidencia do Goberno do Estado, á Presidencia do Parlamento Europeo e a todos os Grupos Parlamentares que conforman a Cámara Europea. Esta iniciativa foi debatida no Pleno ordinario celebrado o pasado 27 de setembro.

Máis información…