BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Setembro, 2008:

A concurso o proxecto de expropiación do Parque da Barbanza

A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO SACA A CONCURSO A REDACCIÓN DO PROXECTO DE EXPROPIACIÓN DOS TERREOS NOS QUE SE VAI DESENVOLVER O PARQUE EMPRESARIAL DO BARBANZA POR 80.000 €

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 15 de outubro nas oficinas de Xestur A Coruña, empresa pública adscrita á Consellería de Vivenda e Solo

A Consellería de Vivenda e Solo saca a concurso a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza, que se emprazará entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o 15 de outubro ás 14:00 horas nas oficinas de Xestur A Coruña, empresa pública adscrita á Consellería de Vivenda e Solo, situadas nas Ronda de Nelle nº 12 bis, 1ª. Toda a documentación sobre este concurso pode consultarse na propia sede de Xestur ou na páxina web www.xesturcoruna.com.

O proxecto de expropiación deberá conter a relación de fincas afectadas polo desenvolvemento deste parque, a identificación dos propietarios e a superficie das fincas. O prazo para elaborado este documento é de 2 meses. Unha vez elaborado, se iniciará a tramitación da expropiación coa exposición pública deste documento para presentación de posibles alegacións.

O proxecto do Parque Empresarial do Barbanza foi declarado de incidencia supramunicipal polo Goberno galego a principios deste mes de setembro. Esta declaración vén motivada pola magnitude da actuación – que se desenvolverá sobre 1 millón de metros cadrados – e porque dará resposta ás necesidades de solo produtivo na comarca do Barbanza, detectadas no estudio de viabilidade medioambiental, técnica e económica no que se analizaron 10 millóns de metros cadrados de terreo.

Neste momento, o Proxecto Sectorial e o correspondente Informe de Sustentabilidade Ambiental (ISA) do Parque Empresarial do Barbanza permanecen en exposición pública. As persoas interesadas poden consultar a documentación e presentar posibles alegacións na sede central da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela e nos concellos de Ribeira e a Pobra ata o 22 de outubro. O obxectivo de que o Proxecto Sectorial deste parque estea aprobado no primeiro trimestre de 2009.

O investimento total previsto nesta actuación é de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se dedicarán á urbanización e 4,1 millóns se empregarán na adquisición de terreos.

Características do parque

O Parque Empresarial do Barbanza desenvolverase sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que comparten unha economía relacionada co sector pesqueiro e cunha actividade industrial concentrada na conserva. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serán de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Tamén incluirá naves modulares para os pequenos empresarios que queiran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo a un prezo e nunhas condicións razoables. Estas naves terán un tamaño aproximado de 500 metros cadrados e serán adxudicadas en réxime de aluguer con opción de compra transcorridos 10 anos.

Ademais, o futuro Parque Empresarial do Barbanza contará cun edificio de usos múltiples para dar servizo aos empresarios que se instalen neste parque, tanto de Ribeira como de Pobra do Caramiñal. Este edificio, que contará con espazos comúns de novas tecnoloxías, estará situado nunha parcela de uso dotacional público e será adxudicado por concesión administrativa durante un prazo determinado de tempo.

O Parque Empresarial do Barbanza está incluído no Proxecto Galiza Suma, que supón a construción de parques empresariais estratéxicos e ben dimensionados, cunha alta calidade arquitectónica e tecnolóxica, con dotacións e servizos propios do século XXI.

Acto público para informar sobre o Polígono da Barbanza

Ordenación do Polígono da Barbanza

(Clica na imaxe para ver a Ordenación do Polígono en PDF)

O Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino, estará o vindeiro xoves, día 25 de setembro, ás 20,30 horas, no Liceo Marítimo de Ribeira para informar sobre o Polígono Empresarial da Barbanza.

Como é sabido, a Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, ten sometido a información pública o Proxecto Sectorial e o correspondente Informe de Sustentabilidade Ambiental do Parque Empresarial do Barbanza, que se desenvolverá entre os concellos de Ribeira e a Pobra do Caramiñal.

O Parque Empresarial do Barbanza contará cunha superficie total de 1.008.928 metros cadrados entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que comparten unha economía relacionada co sector pesqueiro e cunha actividade industrial concentrada na conserva. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serán de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Sinaturas para protexer Corrubedo

O Corgo

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo promove a recollida de sinaturas para apoiar a moción presentada polo BNG de Ribeira para declarar o cabo de Corrubedo Espazo Natural de Interese Local

“A Plataforma Medioambiental de Corrubedo presentou hoxe, luns 22 de setembro de 2008, máis de 300 sinaturas recolleitas somentes nesa miúda pero orgullosa parroquia mareira, para apoiar a moción presentada polo BNG de Ribeira para declarar o cabo Corrubedo Espazo Natural de Interese Local. Ás sinaturas acompaña un informe feito por un biólogo independente que confirma que os valores naturais da Laxe Brava son dignos de conservación e deberían ser incluídos na rede Natura 200 lindante…”

Máis información:
Sinaturas para protexer Corrubedo

Para apoiar esta proposta podes baixar o impreso para asinar:
sinaturas-laxe-brava.pdf

Solicitamos a modificación da ordenanza de ruidos

O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa municipal pola que solicita que se modifique a ordenanza de ruídos para que se expliciten zonas do noso concello onde se poden desenvolver actuacións musicais en directo, horarios, niveis de ruido permitidos, etc., para que poidan desenvolverse estas actividades de lecer ao aire libre

O concello de Ribeira ten en vigor unha Ordenanza que regula a emisión e recepción de ruídos, sen dúbida é unha ferramenta necesaria que se debe ir adaptando e mellorando á realidade social do noso concello.

Dicir que son moitos os grupos musicais e solistas que queren tocar en diversos espazos públicos do noso concello (prazas, rúas, parques, terrazas de locais hosteleiros, etc.) e que o teñen que facer de xeito “alegal” xa que non está recollido na normativa municipal.

Estas actuacións musicais son reclamo turístico e de esparcemento cultural na nosa cidade e polo tanto deberían ser ordenadas na lexislación municipal.

Iniciativa Municipal:
2008-09-15modificacion_ordenanza_ruidos.pdf

Retraso na apertura da Piscina Municipal

O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa municipal para interesarse polas obras da Piscina Municipal. A falla de previsión do Goberno do PP, ao non realizar as obras aproveitando a parada técnica do mes de agosto, ocasionaron un importante retraso na apertura da Piscina Municipal

Dende principios do mes de agosto a piscina municipal da Fieiteira está pechada ao público. Esta parada no servizo dunha das instalacións municipais máis utilizadas, ven sendo habitual todos os anos por cuestións técnicas e de mantemento durante o mes de agosto.

Mais este ano esta parada estaba prevista que se prolongase por mes e medio (estando anunciado nun cartel a súa apertura e reinicio de actividades para o luns 15 de setembro) debido a unhas obras de mellora que se ían acometer na instalación deportiva.

A estas alturas a instalación aínda non está aberta ao público debido a que estas obras de mellora na cuberta da piscina aínda non se iniciaron, e comezaranse ao longo destes días.

Está previsto que cando menos estas obras se prolonguen durante máis dunha semana e a esta temos que engadirlle o tempo que se precisa para encher o vaso de auga e outros pequenos arranxos previstos o que vai supoñer, cando menos, un retraso na apertuta da instalación de cando menos 2 semanas.

Iniciativa Municipal:
2008-09-15obras_piscina.pdf

O Polígono da Barbanza sometido a información pública

A Consellaría de Vivenda e Solo ten aberto o prazo para a presentación de alegacións ao plan do macropolígono comarcal

Ordenación do Polígono da Barbanza

Clica na imaxe para ver a Ordenación do Polígono en PDF

A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO TEN SOMETIDO A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO SECTORIAL E O INFORME DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL DO PARQUE EMPRESARIAL DA BARBANZA

 As persoas interesadas dispoñen de 2 meses para consultar a documentación e presentar posibles alegacións tal e como se recolle no anuncio publicado no DOG do 21 de agosto

 Este proxecto foi declarado de incidencia supramunicipal por parte do Consello da Xunta

 O investimento total previsto nesta actuación é de 32 M.€, dos que máis de 27 millóns se destinarán á urbanización e 4,1 millóns se investirán na adquisición de terreos

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, somete a información pública o Proxecto Sectorial e o correspondente Informe de Sustentabilidade Ambiental do Parque Empresarial do Barbanza, que se desenvolverá entre os concellos de Ribeira e a Pobra do Caramiñal. As persoas interesadas poderán consultar a documentación e presentar posibles alegacións na sede central da Consellería en Santiago de Compostela e nos concellos de Ribeira e a Pobra durante o prazo de dous meses, tal e como se recolle no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia.

Este proxecto foi declarado de incidencia supramunicipal por parte do Consello da Xunta o pasado 31 de xullo por ocupar terreos pertencentes a dous termos municipais, pola magnitude da actuación que se desenvolverá sobre 1 millón de metros cadrados, e polo obxectivo do proxecto de dar resposta ás necesidades de solo empresarial na comarca detectadas no estudio de viabilidade medioambiental, técnica e económica no que se analizaron 10 millóns de metros cadrados de terreo antes de optar pola área de actuación concreta que albergará o futuro parque.

A previsión da Consellería é realizar a tramitación administrativa durante o 2008 e a licitación das obras se produza no cuarto trimestre do ano. O investimento total previsto nesta actuación é de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se dedicarán á urbanización e 4,1 millóns se empregarán na adquisición de terreos.

Características do parque

O Parque Empresarial do Barbanza desenvolverase sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que comparten unha economía relacionada co sector pesqueiro e cunha actividade industrial concentrada na conserva. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serán de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Tamén incluirá naves modulares para os pequenos empresarios que queiran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo a un prezo e nunhas condicións razoables. Estas naves terán un tamaño aproximado de 500 metros cadrados e serán adxudicadas en réxime de aluguer con opción de compra transcorridos 10 anos.

Ademais, o futuro Parque Empresarial do Barbanza contará cun edificio de usos múltiples para dar servizo aos empresarios que se instalen neste parque, tanto de Ribeira como de Pobra do Caramiñal. Este edificio, que contará con espazos comúns de novas tecnoloxías, estará situado nunha parcela de uso dotacional público e será adxudicado por concesión administrativa durante un prazo determinado de tempo.

O Parque Empresarial do Barbanza está incluído no Proxecto Galiza Suma, que supón a construción de parques empresariais estratéxicos e ben dimensionados, cunha alta calidade arquitectónica e tecnolóxica, con dotacións e servizos propios do século XXI.

Información pública no DOG:
2008-08-21dog-informacion-publica.pdf

Nova na Voz:
Vivenda abre o prazo para a presentación de alegacións ao plan do macropolígono

O BNG de Barbanza rexeita o proxecto de Laxe Brava

Solpor no Corgo

A Asemblea Comarcal do BNG de Barbanza rexeitou por unanimidade o proxecto de Laxe Brava (Corgo, Corrubedo) do Plano Acuícola recentemente aprobado

As posicións do BNG foron asumidas coherentemente polos nosos compañeiros no Goberno durante a tramitación do Plano

A Asamblea comarcal do BNG da Barbanza reunida na vila de Boiro o pasado mércores 10 de setembro decideu por unanimidade a seguinte resolución:

“Trala aprobación por parte do Consello da Xunta do Plano Acuícola de Galiza, queremos manifestar a noso rechazo á inclusión dentro deste plano do proxecto da Laxe Brava en Corrubedo. Parecenos un proxecto a todas luces reprobábel, tanto dende o ponto de vista medioambiental, social ou paixasistico e cun impacto enorme no territorio. O rechazo a este parque foi manifestado polo BNG innumerables veces, tanto a nível local, comarcal ou nacional. E o BNG da Barbanza quere amosar públicamente unha vez máis este rechazo.

O BNG sempre defendeu un modelo de planificación pública da actividade acuícola no noso litoral. Mesmo para rematar coa auténtica anarquía que posibilitou a existencia de plantas piscícolas en situación ilegal do ponto de vista urbanístico e de verteduras ao mar, que aínda se manteñen na actualidade. O anterior “Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria” aprobado o 30/06/05 polo anterior Goberno do PP (en funcións) representaba un proxecto absolutamente inasumíbel. En consecuencia, foi prioridade para o BNG a súa supresión, acordada no Parlamento de Galiza, por certo, através dunha Proposición non de lei presentada polo BNG.

Ponse a continuación en marcha, a iniciativa da Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos, un novo proceso de elaboración do que sería o “Plano de Acuicultura de Galiza”. Na análise do proxecto por parte do BNG, conclúese que recollense emprazamentos que consideramos agresivos polo impacto que representan, reclamando nalgúns casos a súa supresión, como no de Laxe Brava, e noutros un redución substancial da superficie afectada. Reclamación de melloras xenéricas no Plano, en canto ás garantías medioambientais, garantías de solo público concesionado (para evitar especulación), criterios de edificabilidade, etc. Garantías de xeración de emprego digno nas zonas nas que se asentan, e das que algunhas delas presentan unha taxa de emigración intolerábel. Estes criterios deféndense públicamente, tanto no Parlamento (en numerosas ocasións, en Pleno e en Comisión), como socialmente nos lugares afectados polos proxectos que consideramos agresivos e nos que reclamamos a súa supresión, como ocurreu en repetidas ocasións a respecto do de Laxe Brava. Foi posíbel, contodo, e grazas á acción do BNG, suprimir algúns proxectos durante a tramitación do Plano: Punta Galloufa (nas imediacións do Castro de Baroña), Couso-Aguiño, e Ardía (Ogrobe); e redución dos previstos en Orelludas-Oia (37%), Mougás-Oia (35%), Seráns-Porto do Son (80%), e Lago-Xove (33%). Outro tipo de melloras xenéricas foron tamén incluidas.

As posicións do BNG foron asumidas coherentemente polos nosos compañeiros no Goberno durante a tramitación do Plano.

A Unión Europea (através do Fundo Europeu para a Pesca) e o Goberno español levan anos empeñados en desmantelar o sector pesqueiro galego. En definitiva, en eliminar un competidor produtivo e comercial no mapa europeu. Neste esquema, no que se insire a política de subvencións ao despece, ao abandoo de actividade, ou o papel residual e discriminatorio coa nosa frota no reparto de posibilidades de pesca, aséntase tamén a consideración da acuicultura (en rigor, piscicultura) como prioridade política e mesmo orzamentaria. O nacionalismo galego, sen desbotar a actividade piscícola –como complemento: non como substitución!- segue a defender como prioridade a defensa da capacidade produtiva e do emprego na pesca e no marisqueo. Posúe a nosa nación un litoral extraordinariamente dotado para o exercio da actividade extractiva, ao que non podemos nin debemos renunciar.”

Ribeira contará en breve con un centro de día

Ribeira contará con un centro de día de alzheimer para un total de 40 persoas

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no uso das súas competencias e sendo conscientes das elevadas necesidades asistenciais que teñen as persoas que padecen alzheimer e outras síndromes funcionais de carácter neurodexenerativo, ademais do efecto que esta situación causa sobre as persoas afectadas e sobre os seus familiares, asumiu como compromiso prioritario o desenvolvemento dunha rede pública autonómica de centros de día de atención especializada, dirixido ás persoas enfermas de alzheimer e outras demencias.

Así mesmo, con este fin o artigo 6.2º do decreto 186/2008, do 24 de xullo, publicado no DOG de 2 de setembro, recolle a posibilidade de que os centros poidan desenvolver programas de carácter sociocomunitario dirixidos a un número maior de persoas con alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.

En consecuencia, e dentro dos obxectivos sinalados, a Vicepresidencia de Igualdade de do Benestar pretende levar a cabo a posta en marcha dos centros de día de Ribeira, Lugo, Celeiro (Viveiro), Moaña e Vigo, que formarán parte da antedita rede pública.

Publicación no DOG: