BNG-Ribeira
BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Reclamamos o arranxo das pistas deportivas de Castiñeiras

O BNG ven de presentar unha iniciativa pola que solicita que se realice con urxencia o arranxo das pistas deportivas de Castiñeiras (nos lugares de Ameixida e Areeiros)

O Deporte é un ingrediente fundamental na formación integral da persoa e un elemento determinante na constitución do benestar social, a mellora da calidade de vida e a utilización constructiva do ocio e o tempo libre.

Co comezo da tempada estival as persoas teñen máis tempo para adicarse ás actividades deportivas. O Concello debe velar pola plena utilización das instalacións deportivas, optimizando o seu uso e coidando e manténdoas de acordo ás condicións de hixiene e seguridade.

O estado das pistas polideportivas de Castiñeiras (Areeiros e Ameixida) deixa moito que desexar, sendo esto unha mostra máis do desinterese e a desidia do goberno municipal. É necesario manter adecuadamente as canastras, portería, o firme das pistas, o peche perimetral, ...

Iniciativa municipal:
2008-06-25arranxo_pistas_deportivas_castineiras.pdf


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>