BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Abril 24th, 2008:

Normas do Habitat Galego

A aprobación das Normas do Hábitat Galego, que entraron en vigor o 17 abril, determinou unha serie de obrigas para os construtores de vivendas. O BNG, desde a súa responsabilidade de goberno, aposta por situar ao noso país na vangarda da calidade arquitectónica a nivel de Estado, así como garantir o dereito á vivenda que asiste a todos os galegos e galegas para facer efectivo o cambio galego polo que tantos cidadáns apostaron nas pasadas eleccións autonómicas.

Normas do Habitat Galego

Que se comproben as alturas do Mirador de Padín

Dende o BNG vimos de reclamarlle ao Goberno do PP que se comprobe se a urbanización Mirador de Padín, se axusta á normativa vixente, especialmente no tocante a alturas, retranqueos, ocupación e edificabilidade

Do mesmo xeito, solicitamos que, de non ser así, se proceda á súa paralización inmediata e á restitución da mesma á legalidade vixente

Tamén demandamos que se autorice ao Grupo Municipal do BNG o acceso ao expediente desta obra

O BNG ten denunciado reiteradamente a nefasta xestión do Goberno Municipal en materia de urbanismo. Agora temos que denunciar tamén a política de escurantismo que nesta materia quere impoñer o PP, negándolle a este Grupo Municipal o acceso aos expedientes de obras que tivemos durante todos estes anos, mesmo téndoo solicitado por escrito nalgúns casos dende hai máis de mes e medio.

Ribeira conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que, pese ás súas deficiencias, e as reiteradas demandas do BNG, segue sen adaptar á Lei do Solo tendo xa rematado o prazo establecido para facelo en xaneiro do 2006.

Pero, ademais, o PXOM, nunca será un instrumento eficaz por si só se o equipo de goberno non pon en práctica as necesarias medidas de control que verifiquen, por exemplo, que as obras realizadas se axusten ás licencias outorgadas. De non ser así produciranse graves incumprimentos e agravios comparativos. Son múltiples as queixas da cidadanía de Ribeira neste sentido.

Este parece ser o caso da obra de que se está levando a cabo na Rúa do Comandante e da que o BNG ten recibido queixas da veciñanza no senso de denunciar agravios comparativos no relativo especialmente a alturas. O Goberno Municipal concedeulle, por convenio, baixo, 5 plantas e baixo cuberta. Polo que se pode apreciar a simple vista, aparenta máis alturas que as que se recollen na licencia.

Iniciativa municipal:
2008-40-23-mirador-de-padin.pdf