Madrid, 26 Marzo 08. O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, salientou este serán, despois da xunta mantida co Secretario de Organización do PSOE, José Blanco, o dispór favorábel do PSOE a estudar as propostas plantexadas polo BNG, en concreto a posibilidade de formar grupo parlamentar con outras forzas políticas. “Hai unha actitude positiva por parte do PSOE pero ten que traducirse en feitos”, advertiu.
Jorquera sinalou que se tratou dunha “entrevista fructífera, na que se falou con franqueza á hora de expór os criterios para a negociación da composición da Cámara e da investidura”. Subliñou o dispór “construtivo e colaborador do BNG co Goberno” pero “é fundamental chegar a acordos políticos”. Ademáis de remarcar que “hoxe non se pechou ningún acordo, expuxéronse os temas e emprazámonos para novos contactos”.






Agardo impaciente que esta nova se efectivice. Vai sendo hora que se fale dos nacionalistas galegos; que se conte co noso País para algo máis que para utilizarnos como moeda de cambio. Xa vai sendo hora… Adiante BNG!!
Así si que Galiza sería decisiva en Madrid. Moita sorte!!
e triste pero certo 10.000 galegos votaron por Rosa Diez seguro que vai facer moito por Galiza