BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Xaneiro, 2008:

Convención Nacional

Convención Nacional

O BNG aproba o programa e as candidaturas das xerais 08

Quintana cos candidatos e candidatas ás Xerais 08

O Consello Nacional aproba por amplísima maioría o programa e as candidaturas para as xerais 08. A candidata da comarca e Voceira Municipal de Ribeira, Dominga Brión, ocupa o cuarto lugar da lista pola circunscrición de Coruña.

“Que o BNG sexa decisivo en Madrid é a única garantía de que o Novo Estatuto que no seu momento se aprobe en Galiza será logo respectado no Parlamento do Estado”, afirma Anxo Quíntana

Santiago de Compostela, 19 Xaneiro 08. O Consello Nacional do BNG aprobou esta mañá por amplísima maioría e sen nengún voto en contra o programa e as candidaturas coas que a formación frentista vai concorrer ás eleccións xerais 08.

Na súa comparecencia perante os xornalistas para dar conta dos acordos adoptados polo Consello Nacional, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quíntana, cualificou as candidaturas nacionalistas como “as mellores para Galiza” por estaren compostas “por galegos e galegas que exercen sempre como tais”.

Quintana, quen estivo acompañado na súa presenza informativa polos catro cabezas de lista do BNG –Francisco Jorquera, por A Coruña; Paz Abraira, por Lugo; Iago Tabarés, por Ourense; Olaia Fernández Davila, por Pontevedra- asegurou que a formación nacionalista apresenta un programa eleitoral para “que Galiza decida en Madrid e através desa decisión os galegos e as galegas vexan incrementado o seu benestar”.

Máis información [...]

Eleccións Xerais 08

Milleiros de persoas despediron ás victimas do «Cordero»

Milleiros de persoas quixeron render un sentido adeus ás víctimas do “Cordero” na Lonxa Municipal, que se quedou pequena para acoller a tanta xente, mentres Ribeira se paralizou en sinal de loito.

Alí estivo unha ampla representación do BNG, encabezada polo Portavoz Nacional e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e o Coordinador da Executiva Nacional, Senador e cabeza de lista pola Coruña, Francisco Jorquera, para amosarlle a súa solidariedade á familia, e sumarse á multitudinaria despedida que miles de persoas lle dispensaron.

O Grupo Municipal encabezado pola súa portavoz, Dominga Brión, a deputada Ana Pontón e o deputado Bieito Lobeira, xunto coa deputada provincial Rosana Pérez, así como o alcalde de Boiro, Xosé Deira, e o tenente de alcalde de Noia, Bieito González, tamén se sumaron ao emotivo adeus.

A improvisada capela serviu para que o arcebispo de Santiago, que oficiou a misa, reclamara que as autoridades estatais e internacionais tomen medidas que eviten “tantos riscos” coma os que ten que afrontar a xente do mar. Facemos nosa esa petición reclamando expresamente, dende o BNG de Ribeira, a mellora no funcionamento dos servizos de salvamento, dependente do goberno do Estado español, para que nunca máis un accidente se transforme nunha traxedia como esta, que levou por diante a vida de cinco persoas.

Nova na Galega:
Multitudinario adeus ás vítimas do “Cordero”

Nova na Voz:
Preto de tres mil persoas despiden aos náufragos do buque «Cordeiro»

Nova no País:
4.000 personas abarrotan la lonja en el adiós a los náufragos del ‘Cordero’

Nova en Galicia Hoxe:
Aparece un chaleco

Nova en El Correo Gallego:
Gran manifestación de duelo
Un pesquero encuentra un chaleco salvavidas cerca de Cabo Prior

Vieiros:
Atopan un chaleco do ‘Cordero’, unha milla ao norte do Cabo Prior

Nova no Diario de Arousa:
Riveira celebra el funeral por los cuatro marineros mientras continúa su búsqueda por tierra, mar y aire

Multitudinaria despedida ao motorista do «Cordero»

Unha ampla representación do BNG de Ribeira, encabezada pola súa Portavoz Municipal, Dominga Brión, e o Responsábel Local, Xosé Alberte Lorenzo, achegouse onte até Novas, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, do Concello de Porto do Son, onde residía Francisco Alboreda, motorista do “Cordero”, para amosarlle a súa solidariedade á familia, e sumarse á multitudinaria despedida que familiares e amigos lle dispensaron.

Tamén quixeron arroupar á familia a deputada do BNG, Ana Pontón, e os concelleiros de Ribeira, Luís Teira e Francisco Ayaso, así como a Portavoz Municipal do BNG do Son, Anxela Franco, o Responsábel Local e outros membros da organización local.

Nova en Galicia Hoxe:
Multitudinario adeus a Alboreda Rey

Nova no Correo:
Centenares de personas despiden al primer mecánico del ‘Cordero’ en la parroquia en la que residía
Multitudinario adiós en O Son a Francisco Alboreda Rey

Nova na Voz:
Centenares de persoas acoden ao enterro do mariñeiro falecido
A CIG acusa a Fomento de mentir e esixe que a Fiscalía investigue o sinistro
Os asistentes ao enterro non se explican como o «Cordeiro» saíu a faenar pese ao aviso de mal tempo

Nova no Canal Rias Baixas:
Continúan, sen éxito, os labores de busca dos catro desaparecidos no naufraxio do Cordeiro

Nova no Diario de Arousa:
La polémica sobre el rescate marca el entierro de un marinero del “Cordero”

Nova no País:
Salvamento dice que fue imposible evacuar por aire a los náufragos

Ribeira está de loito

O Grupo Municipal do BNG de Ribeira, xunto co resto de grupos que forman a Corporación Municipal do Concello, asinamos unha Declaración Institucional, en nome de toda a cidadanía de Ribeira, pola que queremos trasladar aos familiares, amig@s e compañeir@s do falecido e dos desaparecidos polo naufraxio do buque Cordero todo o noso apoio solidario nestes momentos de tanta dor.

Tamén acordamos declarar tres días de loito oficial durante os cales as bandeiras do Concello e de todos os organismos oficiais de Ribeira ondearán a media hasta en sinal de dó. Así mesmo, a Corporación quere convidar a toda a veciñanza a asistir ao funeral polas víctimas, que terá lugar o vindeiro sábado pola tarde na lonxa de Ribeira.

Vaia dende aquí unha aperta solidaria a todos os familiares e amig@s das víctimas.

Executiva Nacional do BNG:
O BNG manifesta a súa dor perante a traxedia do ‘Cordero’ e expresa a súa solidariedade cos familiares das vítimas

Nova en Galicia Hoxe:
Gráfico: Naufraxio do ‘Cordero’

Nova no Canal Rías Baixas:
A traxedia no mar volve tinguir de loito a Ribeira

Nova na Galega:
Continúa a busca dos catro desaparecidos no naufraxio do “Cordero”
Só hai un cadáver recuperado
Dous dos feridos xa están de alta
A Corporación Municipal decreta tres días de loito oficial

Nova na Voz:
Un morto e catro desaparecidos ao naufragar un pesqueiro de Ribeira ao norte de cabo Prior
Naufraxio do pesqueiro Cordeiro

Nova no Correo:
Las malas condiciones del mar complican las labores de rescate de los marineros desaparecidos
Galería: Naufraxio do arrastreiro ‘Cordeiro’ 15.01.2008

Nova no País:
Cinco náufragos, víctimas del temporal que hundió el ‘Cordero’
Llegada de dos de los tripulantes rescatados con vida del pesquero ‘Cordeiro’

Nova no Diario de Arousa:
O naufragio dun arrastreiro en Cabo Prior tinxe de loito a Ribeira

Nova en Vieiros:
Os helicópteros que saíron á busca dos náufragos do ‘Cordeiro’ tiñan as cámaras térmicas avariadas

Jorquera pide o apoio para o BNG

Jorquera pide aos galegos e galegas que opten polo BNG nas eleccións xerais para ‘desenvolver o autogoberno do país á altura de Euskadi e Catalunya’

O candidato do BNG pola provincia da Coruña defende que o Estado español aumente o investimento social e “abandone a obsesión polo déficit cero”

Francisco Jorquera, coordenador executivo do BNG e candidato desta formación política ao Congreso dos Deputados, valorou onte pola mañá a situación política ante a convocatoria de eleccións xerais para o nove de marzo. Animou aos galegos a optar nestas eleccións polo BNG, garante do “desenvolvemento dun autogoberno nacional que coloque a Galiza ao mesmo nivel que Euskadi e Catalunya”.

Nesta liña, asegurou que o PP significaba para os electores “a opción do veto ao autogoberno de Galiza e da recentralización de competencias autonómicas” . Para Jorquera este partido “é o responsábel de que neste momento Galiza non conte cun Estatuto de primeira”.

Pero o PSOE tamén recibiu críticas do coordenador executivo do BNG pola súa recente proposta de “peche do mapa autonómico”. Segundo explicou, esta opción política é a da “falta de ambición para as necesidades de autogoberno do noso país e da subordinación aos deseños de Ferraz”. [...]

Entrevista a Francisco Rodríguez na TVG

O Xulgado reclama información sobre o alumeado público

Traxedia do antroido

Preto dun ano despois de que unha descarga eléctrica provocase a morte dun mozo de Corrubedo, o xulgado ven de reclamar ao Concello de Ribeira un informe da iluminación pública.

No seu momento o Grupo Municipal do BNG de Ribeira xa lle solicitou ao Grupo de Goberno que abrira unha exhaustiva investigación interna para esclarecer as causas deste tráxico suceso e depurar as pertinentes responsabilidades.

Tamén reclamamos que se adoptaran as medidas oportunas para que sucesos deste tipo por volvan a acontecer.

O pasado martes, día 20 de febreiro ás 4 da madrugada, produciuse un grave accidente no que un mozo faleceu por electrocución, según se recolle no informe da autopsia. Isto aconteceu ao lado dunha carpa provisional, instalada por unha empresa contratada polo Concello de Ribeira, na rúa Portugal, diante do auditorio e a carón dunhas farolas do alumeado público.

Estes feitos agravanse máis, se cabe, porque existen indicios solventes de que a instalación do alumeado público xa dera sinais de mal funcionamento, pois existen denuncias previas de descargas eléctricas presentadas diante da Policía Local xa dende decembro pasado.

É notoria a alarma existente entre a cidadanía dada a incerteza que este grave suceso xerou. Polo tanto, resulta realmente preocupante que, pasado xa un tempo prudencial, non se deran explicacións por parte do Grupo de Goberno e, nomeadamente, do Alcalde nen a cidadanía, nen a Corporación Municipal, nen tan sequera aos seus voceiros, a respeito das causas deste dramático acontecemento, das posibles neglixencias que o ocasionaron e das actuacións que del deberan derivarse.

Nova na Voz:
O xulgado reclama ao Concello de Ribeira un informe da iluminación

Iniciativa Municipal:
2007-03-14-alumeado-publico.pdf

Vivenda subvencionará ás persoas afectadas de Xarás

Vivendas de Xarás

A Consellería de Vivenda é Solo, que dirixe a nacionalista Tereixa Táboa, está elaborando a orde que permitirá subvencionar con 2.000 euros ás persoas beneficiarias das vivendas de promoción pública de Xarás.

O delegado provincial, Xoán Carlos Bascuas, trasladouse hai mes e medio a Ribeira para informar directamente, ás persoas afectadas pola demora na construción das vivendas sociais de Xarás, das axudas que recibiran da Consellería de Vivenda e Solo.

Así, aquelas familias que viven en inmobles de aluguer recibirán dous mil euros anuais en concepto de axuda para sufragar os gastos, mentres que as cinco que residen en caravanas serán reacollidas a través da firma dun convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Ribeira.

A sinatura deste convenio faise a iniciativa da Consellería de Vivenda e Solo, para o cal o delegado de Vivenda se trasladou a Ribeira a finais do pasado mes de novembro para manter unha entrevista co Alcalde no transcurso da cal o informou das intencións da Consellería para facilitarlle unha vivenda ás familias que viven en caravanas.

Licitación das obras de Xaras

Vivenda e Solo, licitou por 1.353.397 euros as obra de remate das 21 vivendas protexidas de promoción pública de Xarás, no Concello de Ribeira, tal e como se recolle no anuncio de licitación publicado no DOG o luns 31 de decembro de 2007. O prazo de execución das obras será de 12 meses, a contar desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo e inicio das obras coa empresa adxudicataria.

Nova na Voz:
A Xunta ultima a orde para pagar aos beneficiarios das casas de Xarás
A Xunta publica a lista definitiva dos beneficiarios dos pisos de Xarás

Transparencia nas Xuntas de Goberno Local

O BNG de Ribeira demanda máis transparencia en relación cos acordos adoptados nas diferentes Xuntas de Goberno Local (formada integramente por concelleiros e concelleiras do PP). Neste senso, solicitamos que se proceda con urxencia á elaboración das actas atrasadas das sesións celebradas dende marzo ata a data e á súa entrega aos concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal.

Tamén reclamamos que se faga entrega de todas as actas municipais (tanto das Xuntas de Goberno como do Pleno Municipal) en soporte informático.

O Sistema Democrático tense dotado, ademais das institucións e órganos pertinentes para a elaboración das leis e o exercicio de goberno, das normas polas que estas deben regulamentarse para cumprilas e facelas cumprir. Tamén está prevista, en aras do exercicio transparente do goberno, a posibilidade de control por parte de quen, no seu momento, teña a responsabilidade de exercer, por mandato do pobo ao que representa, labores de oposición ao executivo correspondente.

Entre os órganos de goberno do Concello de Ribeira destaca polo seu mal funcionamento a Comisión de Goberno que ten entre as súas obrigas a de facer públicos os acordos que se adopten nas súas reunións, tal como se recolle no artigo 50.3 do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) para, ademais de deixar constancia aos efectos oportunos, poder ser consultadas polos grupos de oposición no exercicio das súas funcións de control e fiscalización aos órganos de goberno.

A inexistencia de actas desde fai meses, ademais de apuntalar o escurantismo nos acordos tomados por este órgano, impide o exercicio de dereitos fundamentais por parte non só dos grupos da oposición, senón tamén da cidadanía en xeral, ocasionando incluso disfuncións noutros departamentos municipais. Conduce a unha política de feitos consumados que deixa á cidadanía en absoluta indefensión.

Por outra banda, tamén consideramos moi importante que determinados servizos, como é a entrega de actas aos membros da corporación, se faga de xeito informático. Ademais das inxentes cantidades de papel que se aforrarían, tamén a entrega das mesmas se faría dun xeito máis áxil, mesmo por correo electrónico, coa correspondente optimización de recursos humanos. O persoal que hoxe, entre outras cousas, se encarga do reparto das actas aos concelleiros e concelleiras, podería facer outras labores moi necesarias para un mellor servizo a toda a cidadanía do Concello.

Iniciativa Municipal:
2008-01-11-actas-comision-de-goberno.pdf

Nova no Diario de Arousa:
El BNG exige que se elaboren las “inexistentes” actas de las Xuntas de Gobierno local

Nova na Voz:
Os nacionalistas ribeirenses reclaman o acceso ás actas das comisións do goberno