BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Xaneiro 27th, 2008:

Iniciativas do BNG ao Pleno ordinario de Xaneiro

Pleno de xaneiro 08

O vindeiro luns, día 28 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, celebrarase o Pleno ordinario da Corporación Municipal. Na mesma debateranse un importante número de iniciativas presentadas polo BNG: 6 mocións e un bo número de solicitudes, as que hai que engadirlle as pendentes de Plenos anteriores que non se trataron por falta de tempo. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de 6. Lembramos que os plenos son públicos e poden asistir todas aquelas persoas que o desexen.

Pulsa enriba da iniciativa para obter máis información sobre a mesma.

As mocións son en relación cos seguintes temas:
1.- Animais domésticos e canceira municipal.
2.- Demandamos o soterramento do cableado
3.- Reclamamos que se replantee o proxecto da Casa da xuventude
4.- Dotación dun salón de actos á Casa de Cultura de Carreira.
5.- Situación dos parques infantís.
6.- Cobertura TDT no noso Concello.

Ás solicitudes son as seguintes:
1.- Demandamos a separación de pluviais e fecais en Aguiño
2.- Denunciamos o perigo dun muro agretado
3.- Demandamos unha actuación integral en Fondevila
4.- Aforro enerxético no alumeado de Nadal
5.- Reclamamos o arranxo dun valado de obra
6.- Demandamos o arranxo de deficiencias en Abesadas e Cubeliños
7.- Solicitamos a paralización das obras na Lagüiña
8.- Reclamamos que se comprobe unha urbanización de Mondelo

Solicitudes pendentes de Plenos anteriores:

1.- Instalación de contedores de lixo e limpeza dos mesmos.
2.- Implantación do Noitebús polas parroquias e Ribeira-Padrón e Ribeira-Noia.
3.- Control da velocidade en O Vilar.
4.- Transporte público a O Vilar por Gude (Artes).
5.- Estado da motobomba contraincendios municipal.
6.- Mellora da limpeza no barrio de Bandourrío e arranxo da rúa Perú.
7.- Limpeza da estrada de Castiñeiras a Aguiño e do entorno dos Areeiros.
8.- Posta en funcionamento do novo vaso da piscina municipal e do campo de fútbol de herba artificial.
9.- Accidentes no Parque de inchables “Riveiralandia”.
10.-Saneamento e actuación integral no lugar da Graña.
11.-Estado da rede de pluviais e as beirarrúas no lugar do Vilar.
12.-Verquido na Ría da Arousa a carón da depuradora do Touro.
13.- Marquesiña na Capela, Carreira.
14.- Actuación integral en Toxeira de Antromatos e Barrosas, Carreira.
15.- Intento de usurpación dun camiño público nos Paramos.
16.- Retirada de refugallos do Esteirón, Palmeira, e mellora integral da zona.

Eleccións Xerais 08

Multitudinaria asistencia á Convención do BNG

Convención Nacional do BNGConvención Nacional do BNG Convención Nacional do BNG

O portavoz nacional asegura que irá ao debate da TVG e empraza a Pérez Touriño e Núñez Feijóo a facer o mesmo

Santiago de Compostela, 26 xaneiro 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, advertíu esta tarde na Convención Nacional Eleitoral que se celebrou no Pazo de Congresos de Santiago de que “para frear as ideas de Mariano Rajoy e do PP, a única mediciña é Galiza e o BNG”.

Para Quintana, resulta evidente que moitos galegos e galegas “pensan que hai un obxectivo que cumprir: parar esas ideas do PP”, entre as que mencionou “a campaña que está facendo Mariano Rajoy de apoio á bandeira e o seu intento de utilizar a Galiza con fins espúreos”.

Máis información…

Nova na Galega:
Quintana di que o BNG é o único que pode garantir a capacidade de decisión de Galicia

Nova no Correo:
Quintana pide el respaldo de quienes creen que Galicia debe pesar en Madrid
Galería

Nova en Galica Hoxe:
O BNG di que é a única menciña para frear as ideas do líder dos populares
Galería