BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

2008:

100.000 FELICIDADES!!

100.000 Felicidades!!

2008 remata triplicando o voso paso por este foro a respecto ao 2007. A vosa presenza diaria neste espazo web foise incrementando día a día até chegar ás preto de 100.000 visitas dende a súa posta en funcionamento a mediados do mes de marzo do 2007. As 25.000 visitas do ano pasado prácticamente se multiplicaron por tres neste ano, e siguen subindo mes a mes, alcanzando as 12.000 visitas neste último mes do 2008.

Queremos agradecervos a todos e a todas a vosa participación, tanto se nos deixades as vosas opinións, como se preferides pasar por aquí “as caladiñas”.

Dende este recuncho do ciberespacio seguiremos informándovos do noso traballo e das nosas iniciativas e agardamos seguir contando coa vosa confianza, coas vosas opinións e, sobre todo, coa vosa presenza no vindeiro ano.

Cen mil grazas e o nosos mellores desexos para o 2009!!

Plan Renove de Fiestras e Plan de Vehículos Eficientes

Innovación e Industria pon en marcha o primeiro Plan Renove de Fiestras e unha nova edición do Plan de Vehículos Eficientes

Fernando Blanco presentou as dúas iniciativas enmarcadas no ámbito do aforro e a eficiencia enerxéticos

A Consellaría destina este ano 720.000 euros ao Plan de Vehículos Eficientes, case 4 veces máis que na edición anterior, e abre o Plan Renove de Fiestras con 500.000 euros que ascenderán a 1,5 millóns na vindeira campaña

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou as dúas novas medidas postas en marcha polo seu departamento, a través do Inega, no ámbito do aforro e a eficiencia enerxéticos. Segundo explicou o conselleiro nacionalista trátase, por unha banda, do Plan de Vehículos Eficientes e, por outra, do novidoso Plan para renovar a envolvente térmica dos edificios.

Máis información…

Convocatoria de subvencións da Deputación

A Deputación da Coruña ven de convocar os programas de subvencións seguintes: Subvecións de actividades e investimentos de promoción económica. Subvencións de agricultura. Subvencións de fomento pesqueiro. Subvencións de programas de apoio á cultura e o deporte. Convocatoria de programas de apoio ao deporte xeral e federado. Subvencións para mantemento e investimentos de servizos sociais especializados, socio-sanitarios e de fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero. Subvencións de programas para desenvolvemento de servizos sociais e políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero.

Máis información…

Solicitamos a instalación de colectores de baterías

Domi e Anxeles

O BNG ven de solicitar que por parte do Goberno do PP se proceda, o máis axiña posíbel, á instalación de colectores de baterías e pilas usadas en diversos puntos do municipio, tendo en conta que estamos nunha época de alto consumo destes materiais.

Tamén reclama que se poñan en marcha campañas informativas que difundan os lugares onde se atopan os devanditos colectores, así como campañas de educación e sensibilización sobre os danos que estes materiais poden ocasionar na saúde das persoas e no medio ambiente.

As chamadas tres “R” (reducir, reutilizar e reciclar) son as claves para ir progresando en políticas de residuos cara á sustentabilidade. Afortunadamente estas mensaxes van calando na sociedade aínda que moi lentamente. Todas as campañas que se fagan son poucas polo que hai que seguir achegando esta necesidade da reciclaxe a toda a cidadanía, e ao mesmo tempo hai que esixir ás distintas administracións un maior esforzo para que a recollida selectiva de residuos sexa cada vez maior.

Neste Concello non existen colectores (ou non se coñece a súa existencia) para a recollida de residuos tan contaminantes como son as pilas ou baterías usadas, cuxos compoñentes son nocivos tanto para o medio ambiente como para a saúde. Non cabe dúbida de que as pilas son residuos habituais de alto poder contaminante polos metais que se usan na súa composición. As pilas comúns conteñen, entre outras sustancias tóxicas e daniñas para a saúde, dióxido de manganeso, mercurio, níquel, cadmio e compostos de litio, que poden provocar doenzas nos nosos órganos vitais e en moitos dos casos lesións canceríxenas.

As pilas e baterías non deben mesturarse co lixo biolóxico. Se as mesmas chegan aos vertedoiros, ao queimar o lixo os compoñentes tóxicos que teñen incorpóranse ao solo e ao ciclo da auga a través da choiva ou do aire e, deste xeito, introdúcense na cadea alimentaria natural da que nos nutrimos.

Con todo, a maioría da xente non sabe onde depositar as pilas ou baterías, polo que consideramos necesario, prioritario e urxente que o Concello leve a cabo campañas informativas, educativas e de concienciación que impliquen a colaboración de toda a cidadanía.

Iniciativa municipal:
2008-12-17_recollida_pilas_usadas.pdf

Sorteo iPod nano 8 Gb

iPod nano 8 Gb

O BNG de Ribeira sorteou un iPod nano 8 Gb na lotaría do Nadal. O número premiado foi:

Parabéns á persoa agraciada!!

A veciñanza reclama o arranxo da fochanca do Outeiro

Fochanca no Outeiro

A veciñanza reclama o arranxo da fochanca de grandes dimensións que leva preto de dous anos aberta diante das súas vivendas no Outeiro, en Carreira.

O BNG, recollendo a inquedanza dos veciños e veciñas, ven de presentar novamente unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao Goberno Municipal que, coa máxima urxencia posible, proceda ó arranxo da devandita rúa.

A rúa do Outeiro, en Carreira, fai case dous anos que ten aberta unha enorme fochanca, de dimensións considerables, froito dunha rotura de tubaria do saneamento ó intentar soterrar o cabreado eléctrico.

A veciñanza do lugar esta cansa de agardar polas promesas que o Grupo de Goberno Municipal lles fai, en numerosas ocasións se dirixiron a eles para que se arranxara a situación, pois estaban a ser prexudicados enormemente, e por parte deste Concello como e moi habitual, prometese e logo mirase para o lado. E así o problema destas xentes segue sen solucionarse case dous anos despois.

Como ben se dixo antes, o socavón que alí hai é de considerables dimensións, o que supón un risco para os vehículos que circulan, para os paseantes que percorren a rúa, e como non para os/as veciños/as do lugar que alí residen. Estase a falar de case dous anos convivindo con este estorbo, e neste tempo a única xestión do Goberno Municipal foi colocar unhas chapas de ferro sobre os buratos, unhas placas que cada vez que pasa un vehículo por enriba delas emiten un enxordecedor ruído que impide conciliar o sono ás xentes dos arredores, moitos deles maiores e enfermos.

A este problema súmase o dos numerosos atascos que se están a provocar na rede de sumidoiros, o que leva a ter que soportar uns cheiros constantes e a diario por parte dos residentes e viandantes.

Este Concello, debe asumir xa dunha vez, ese arranxo, correspóndalle a Fenosa ou a Aguagest, e logo saldar as contas con quen sexa responsable, e non agardar como sempre a que poida acontecer calquera desgraza e que logo teñamos que lamentala.

Dende o BNG, demandados de novo polos veciños/as, volvemos sumarnos o seu chamamento, denunciando esta situación e lembrándolle a este grupo Municipal do PP que está ocupando ese lugar de Goberno para resolverlles os problemas ós cidadáns e para facer as súas vidas máis levadeiras, e non o contrario como denota estar facendo a cotío.

Máis información…

Iniciativa municipal:
2008-12-18arranxo_no_outeiro.pdf

Nova na Galega:
Unha rúa de Ribeira leva 2 anos cunhas obras sen rematar

Nova no Canal Rías Baixas:
A fochanca da rúa do Outeiro segue sen arranxar dous anos despois

Encontro con cargos orgánicos e institucionais

Bo Nadal e venturoso 2009

Bo Nadal e venturoso 2009

En nome do BNG de Ribeira e no meu propio, quero felicitarlle o Nadal a todas as persoas que día a día nos agasallan coa súa presenza e coa súa participación neste espazo web, que por certo, cada vez son máis, mesmo dende distintos puntos de Europa, América e doutros lugares do planeta. Unha felicitación moi especial a todos os galegos e galegas da diáspora.

“Os soños primeiro e as ideas despois, crean feitos históricos.” Castelao

Todas e todos temos soños….

Traballemos para facelos realidade no vindeiro ano!

Bo Nadal e venturoso ano 2009!

Unha forte aperta.

PLAN SECTORIAL DE VIVENDA EN RIBEIRA

Teresa Táboas e Dominga Brión

A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, comprometeuse coa portavoz municipal do BNG de Ribeira, Dominga Brión, a que o seu departamento non levará a cabo a actuación que o Plan Sectorial de Vivenda ten prevista para Ribeira, sen o consentimento dos propietarios e propietarias do solo.

Este mesmo compromiso foi ratificado no día de onte polo Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, en reunión mantida cos veciños e veciñas afectadas. A esta reunión, xestionada polo BNG a petición da veciñanza, acudiu tamén un técnico da Consellería que explicou polo miúdo as características do plan.

Os afectados manifestáronlle ao Delegado de Vivenda que non están en contra de que se faga vivenda protexida en Ribeira pero que non consideran acaida esa ubicación que, lembremos, foi proposta polo propio Goberno Municipal.

O BNG respecta e defende a posición da veciñanza e insta ao Goberno Municipal a que busque alternativas de solo, consensuadas cos propietarios e propietarias, mesmo con aportación de chan municipal, que permitan que non se perda no noso Concello un importante investimento (que neste caso ascendía a 12,6 millóns de €), para a dotación de vivenda a prezo taxado, coa conseguinte xeración de emprego e revitalización da economía local.

Nova no Canal Rías Baixas:
Vivenda busca o consenso para a construción de vivenda protexida en Ribeira

Nova no Diario de Arousa:
Táboas le aseguró al BNG que no se harán viviendas protegidos en el Caramecheiro

Reclaman con 600 sinaturas o arranxo da Praza dos Muiños

A veciñanza reclama o arranxo da Praza dos Muiños

A veciñanza reclama o arranxo da Praza dos Muiños presentando no rexistro 600 sinaturas. Foron entregadas polo presidente da Asociación Veciñal de Abesadas e Cubeliños e unha representación da veciñanza afectada

O BNG ten presentada unha moción que se debaterá no vindeiro Pleno Municipal pola que lle solicita, unha vez máis, ao Goberno do PP que arranxe con urxencia a Praza dos Muiños. Na iniciativa tamén demanda que se adopten de inmediato as medidas de seguranza necesarias para evitar accidentes en tanto non se acometan as devanditas obras.

A Praza dos Muiños constitúe un espazo público de arredor de 2.000 m2 que, debidamente acondicionado, converteríase nunha zona de ocio no medio do casco urbano tanto para a veciñanza do entorno como para a de todo o pobo.

Máis información…

Nova no Correo Galego:
Exigen con 600 firmas el arreglo de una plaza que se proyectó hace 18 años