BNG-Ribeira
BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

25.000 FELICIDADES!!!

25.000 FELICIDADES!!

2007 remata brindándonos o mellor dos agasallos: a vosa presenza diaria neste espazo web, que se foi incrementando día a día, até chegar xa ás 25.000 visitas, dende a súa posta en funcionamento a mediados do mes de marzo.

Queremos, unha vez máis, agradecervos a todos e a todas a vosa participación, tanto se nos deixades as vosas opinións, como se preferides pasar por aquí dun xeito máis silencioso.

Dende este recuncho do ciberespacio seguiremos informándovos do noso traballo e das nosas iniciativas e agardamos seguir contando coa vosa confianza, coas vosas opinións e, sobre todo, coa vosa presenza no vindeiro ano.

Vintecinco mil grazas e o nosos mellores desexos para o 2008!!


2 comentarios

  1. jaime di:

    A 5 de Outubro, con 200 días de actividade , mais ou menos, había cerca de 15.000 visitas, e a media estaba en 2.220 ao MES. A data de 25 de Novenbro, despois de 252 días, a media era de 2.385 mensuais, esto quere dicir que o mes de Novembro tivo 165 visitas mais ca no anterior, e agora que se acabou o ano con 25.000 visitas, e despois de 289 días de vida, a media ponse en 2.697, esto quere decir que, con unhas contas moi brutas, o incremento, con respecto a Novenbro, no derradeiro mes do 2.007 e nada mais e nada menos que de 312 visitas.
    Se buscamos un concepto pa poder facer unha comparativa, eu escollería as subidas do I.P.C. a do EURIBOR e a do PETROLEO , que xa e decir…
    Ti déstesnos vintecinco mil grazas pa todos nos, permíteme que che dea, a ti e ao teu equipo duas centas oitenta e nove, unha por cada día que estivéstedes aí, e que po fin de Ano próximo sexan 366.
    Saúdos.

  2. Domi di:

    Graciñas a ti, Jaime, que sempre tes palabras amables. Nós tamén agardamos estar aquí durante todos e cada un dos 366 días do 2008. En todo caso, dependerá de que sexamos capaces de manter o teu interese e o das persoas que, coma ti, nos agasallan coas súas opinións e coa súa presenza, contribuíndo a que as estatísticas nos sexan favorábeis.

    Saúdos e feliz 2008.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>