Dende mediados do mes de marzo, que se puxo en funcionamento, ata hoxe, este blog foi agasallado con máis de 20.000 visitas. Queremos, pois, agradecervos a todos e a todas a vosa participación, tanto se nos deixades as vosas opinións, como se preferides pasar por aquí dun xeito máis silencioso.
Dende esta fiestra seguiremos informándovos do noso traballo e das nosas iniciativas e agardamos seguir contando coa vosa confianza, coas vosas opinións e, sobre todo, coa vosa presenza. Graciñas mil.






Desde que naceu, xa se auguraba un gran movemento no blog, pois o traballo que facedes e IMPRESIONANTE.
A 5 de Outubro, (200 días de actividade mais ou menos) cando case que tiña 15.000 visitas, a media estaba en 74 por día, ou o que é o mesmo, 2.220 ó MES, e a data de hoxe, despois de 252 días, a media por día é de 79,5, que veñen sendo 2.385 mensuais, esto quere dicir que no último mes tivo 165 visitas mais ca no anterior, e esto en porcentaxes, e sendo solo dun mes, sae en… puf…, unha chea.
“ Cando o río sona, auga leva“ e este si que sona, e faríao mais se lle deixaran un sitio para que tocaran os rapaces; e auga tamén leva, bueno… auga, auga… non, mais ben… bueno, a bos entendedores…
Xa se sabía que o lugar para recoller colleita e perfecto, pois aquí, polo abono que hai (compost ou derivado), e formidable, aínda tendo malas herbas e algunha que outra toupeira que non fan mais que retrasar a saída do froito.
(hai que agradecer que “os 11“ sigan facendo así de “ben” os deberes)
A proba de que dentro de 40 meses ides ter unha boa colleita tédela diante,
Saúdos