BNG-Ribeira
BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Intento de usurpación dun camiño nos Paramos

caminodosparamos.jpg

Ante o que parece a todas luces un intento de usurpación dun camiño de carro por un particular nos Paramos, Castiñeiras, a veciñanza do lugar demandou o apoio do BNG de Ribeira.

Unha vez que chegamos ao lugar, comprobamos que o devandito camiño que da servicio a varias fincas esta sinalizado con un muro por un lado e marcos polo outro. Ademais, aparece recolleito tamén en escrituras de propiedade dos lindeiros e mesmo nun plano de levantamento topográfico visado.

Non se entende, pois, a pasividade que está adoptando o goberno ante o que parece unha clara usurpación dun camiño público por parte dun particular. Razón pola cal presentamos unha iniciativa ante o Goberno e ante a Corporación Municipal solicitando que se adopte as medidas oportunas para que se proceda ao marcado dos deslindes e dos retranqueos pertinentes, unha vez analizada a documentación necesaria. Do mesmo xeito, tamén demandamos que se proceda ao arranxo do devandito camiño, xa reclamado polos usuarios do mesmo.

Iniciativa Municipal:
2007-10-17-camino-paramos.doc

Nova na Voz:
A ocupación dun camiño suscita protestas veciñais en Castiñeiras


Un comentario

  1. Domi di:

    Eliminando os comentarios “spam” borrei, de xeito accidental, un comentario que coido que tiña relación con esta anotación. Se o autor/a quere que apareza publicado, agradecería que o escribira de novo.
    Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>