BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Xullo 31st, 2007:

Corrubedo rechaza a piscifactoría do Corgo

praia-de-serans.JPG

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo criticou a actitude da Xunta de Galicia de non poñer en marcha un plan de ordenación do parque natural, que considera necesario para coñecer os usos que poden darlle aos diferentes espazos incluídos neste e aos que forman parte do Lugar de Interese Comunitario (LIC).

Engaden que, facendo caso omiso ás súas demandas, Pesca presentou un plan sectorial de acuicultura no que se inclúen a construción dunha piscifactoría, e a ampliación doutras dúas xa existentes entre os lugares de Couso e Seráns.

Nova na Voz:
Veciños de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar

Aprobada por unanimidade a nosa moción sobre a EDAR

comisionaguino.jpg

Onte, día 30 de xullo, a Corporación Municipal de Ribeira aprobou por unanimidade a moción do BNG relativa á EDAR de Ribeira. Esta iniciativa, que recolle as demandas veciñais, comprometémonos a presentala o pasado xoves, día 19 de xullo, na xuntanza organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, na que participamos xunto coas Voceiras do PP e IPdeR e co Voceiro do PSOE.

O acordo adoptado por unanimidade foi o seguinte:

1. Que o proxecto da EDAR de Ribeira se someta aos trámites de Avaliación de Impacto Ambiental e de Avaliación Estratéxica da Sostibilidade.

2. Que a Xunta de Galicia dote dunha depuradora específica ao polígono industrial de Xarás.

3. Que, en todo caso, o emisario se prolongue ata augas profundas, augas oceánicas, e fóra da enseada en augas con correntes oceánicas, onde se asegure o mínimo impacto e unha rápida dilución e difusión no medio receptor.

4. Que o incremento na intensidade de uso do espazo destinado á planta depuradora vaia acompañado das preceptivas medidas compensatorias.

Pola mañán a Comisión Veciñal presentou un importante número de sinaturas de apoio a iniciativa presentada polo BNG.

Novas relacionadas na Voz:

A plataforma de Aguiño presenta sinaturas contra o proxecto da depuradora

O Concello reclamará á Xunta unha planta de tratamento para o polígono industrial de Xarás

A corporación pretende que se rexeneren catro praias