

Sobre esta fermosa e paradisíaca praia que vai dende Espiñeirido ata Seráns, ubicada aínda nun entorno virxe, pende unha seria ameaza. O Plan Galego de Acuicultura da Consellería de Pesca pretende colocarlle nun dos seus extremos (ao fondo), no Corgo, unha piscifactoría para a que se fai a reserva de terreo máis grande do país: 308.000 metros cadrados. Leva como nome PARQUE DE TECNOLOXÍA DE LAXE BRAVA, parque número 9 (Teira-Parroquia de Corrubedo-Concello de Ribeira).
No outro extremo proponse unha ampliación de 115.000 metros da actual piscifactoría Nastos. O seu nome é PARQUE DE TECNOLOXÍA DE SERA, parque número 8 (Seráns-Parroquia de Muro-Concello de Porto do Son); deste xeito, unha piscifactoría que non aparecía non anterior Plan Sectorial, aparece neste Plan de Acuicultura con unha ampliación moi importante.
Esta desproporcionada reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados no Corgo + 115.000 en Seráns) a escasa distancia, tan só separada por esta praia, parécenos inadmisíbel por moitas razóns; entre elas, porque obriga á expropiación de numerosas leiras que aínda se cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona, feito que se debería primar e non castigar.
Hai que resaltar que todo este entorno costeiro, incluído Couso, para onde hai tamén prevista unha reserva de chan no mesmo plan acuícola de 55.000 metros cadrados, é riquísimo en percebe e outras especies. Por esta razón, a Confraría de Aguiño que se encarga da súa xestión ata a altura de Río Sieira en Xuño, concello de Porto do Son, xa se manifestou publicamente en contra deste plan.
Para participar na recollida de sinaturas podedes baixar os dous documentos. Tendes máis información nos espacios web das respectivas plataformas.
Sinaturas Corgo:
sinaturascorgo.pdf
Sinaturas Seráns:
Recollida de sinaturas
Novas relacionadas:
A Voz:
A plataforma de Seráns descarta presentar alegacións coa empresa
O depósito de Aguiño teme que o plan acuícola afecte ao percebe
Altofalante oponse ao parque acuícola de Corrubedo
Veciños de Seráns cren que a Xunta quere destruír o litoral
O Correo Galego:
Seráns rechaza a ampliación da piscifactoría