BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Maio, 2007:

Avanzar na igualdade

candidatas_bng.JPG

Hoxe reunímonos en Santiago algo máis de 200 mulleres de todo o país entre as que estaban moitas das 64 candidatas que o BNG presenta ás proximas eleccións municipais. O Portavoz Nacional, Anxo Quintana adiantou que no 2007 crearase unha rede de 21 oficinas para garantir I+B (Igualdade e Benestar).

Web BNG

Quintana pide ao PSOE respecto á paridade e critica o «teatro» do PP

Encontro co comercio de proximidade

Coa  Directora Xeral de Comercio Encontro co comercio de proximidade

Onte tocoulle o turno ao comercio de proximidade. Acompañados pola Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, reunímonos nos locais da Asociación de Empresarios con un concorrido número de comerciantes. Con esta é a terceira vez que a Directora Xeral se reúne co sector en Ribeira. Estivo tamén ao pouco de tomar posesión e despois das riadas que se produciron no noso concello, o 18 de novembro, para informarlle das axudas que se puxeron en marcha dende a Consellería de Innovación e Industria para contribuír paliar os danos. Isto demostra claramente o compromiso do BNG co comercio de proximidade que representa o 11% do PIB galego e que da traballo a 14.900 persoas ao que dende a Consellería de Innovación e Industria, que dirixe o nacionalista Fernando Blanco, se destinaron 25 millóns de € en axudas. Tamén se pon de manifesto a nosa vontade de achegar a administración á cidadanía.

Na xuntanza, que se prolongou por algo máis de dúas horas, a Directora Xeral expúxolles os contidos máis importantes da Lei galega de horarios comerciais, aprobada recentemente por unanimidade no Parlamento Galego. Nesta lei regúlanse, ademais dos horarios, outras cuestións como ás rebaixas. Tamén adiantou algúns apartados que se recollen no Anteproxecto de Lei de Ordenación do Comercio, pendente de aprobación, no que se establecerá o mapa no que se poidan implantar grandes superficies. Destacou, así mesmo, a elaboración dun plano de renovación e mellora do comercio galego para a consecución dun selo distintivo do comercio galego, así como, importantes axudas ao urbanismo comercial para favorecer as melloras dos contornos comerciais.

As/Os asistentes participaron nun coloquio no que expuxeron as súas inquedanzas especialmente no tocante a regulación das rebaixas e as grandes superficies, así como suxestións diversas.

Pola nosa banda, manifestámoslle o noso apoio ao pequeno comercio e o noso compromiso coa posta en marcha dende o goberno de Ribeira, en coordinación coa Dirección Xeral de Comercio, de políticas que lle de nun pulo ao sector.

Xuntanza coa Asociación de Caza e coas CMVMC

Anxeles, Domi e Olga Xuntanza Asociación Caza e CMVMC

O mércores, día 2 de maio, reunímonos coa Asociación de Caza e coas comunidade de montes do concello. Estiven acompañada da Delegada Provincial da Consellería de Medio Rural, Olga María García Agra. Tamén estiveron Anxeles Glez. Crujeiras e de Francisco Ayaso integrantes da candidatura. Durante máis de tres horas escoitamos as principais demandas do sector referidas basicamente á xestión do monte e o medio rural. Á xuntanza asistiu unha ampla representación dos sectores implicados.

Contáronnos os múltiples problemas e lagoas que o colectivo ten. A Delegada deulles a coñecer unha parte importante da nova lei de incendios, informou da creación das Unidades de Xestión e da aposta polas madeiras de calidade que está a levar a cabo a Consellería de Medio Rural.

Déronse a coñecer as intervencións que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural nos montes que alí se atopaban representados; Oleiros, Olveira, Carreira e Artes. As iniciativas que se están a levar a cabo co Convenio Hidrolóxico e co Convenio de actuacións de Emerxencia, entre outros.

Os cazadores expuxeron as súas problemáticas, facendo un grande fincapé nos estragos que están a causar as carreiras incontroladas nas pistas forestais. Solicitaron á Delegada que interceda dalgún xeito coa Consellería de Medio Ambiente para poder sacar o coello e o xabarín do Parque Dunar do que afirman “hainos espesos e rematan morrendo víctimas de pragas”.

Pola nosa banda, informámoslle que a política do BNG á fronte do Goberno Municipal vai dar un forte pulo ó desenvolvemento rural, o abandono que sufre o medio neste momento ten que ser freado dalgún xeito e, polo tanto, levaranse a cabo tarefas de concienciación e desenvolvemento económico que fagan do Rural unha fonte de ingresos, como a creación de empresas de productos ecolóxicos, diversificación nos productos e procesos dos nosos montes, denominación de orixe Parque Natural de Corrubedo, etc. É evidente que un monte rendible non arde, polo tanto, para eliminar a lacra dos incendios, temos que facer o noso monte rendible.

En acordo cos Gobernos competentes nas materiais, fomentaremos a participación dos cidadáns na xestión do seus propios recursos e o novo Concello vai ser fonte de negociación e participación.

1 de maio

Manifestación do 1 de maio

Manifa do 1 de maio en Ribeira manifa.JPG 100_5794.JPG

Hoxe é do día do traballo. A CIG convocou unha manifestación en Ribeira. Alí fomos a demandar emprego digno na nosa terra. Estivemos representantes do BNG de Ribeira e de toda a comarca.

Entrevista en Pleno Aberto

Pleno Aberto

Hoxe pola noite emitirase unha entrevista que me fixeron no programa Pleno Aberto da Tele Salnés-Barbanza, que presenta e dirixe Teté Rocamonde.