BNG-Ribeira

Blog do BNG de Ribeira.

Maio, 2007:

Graciñas por un respaldo histórico

Votando Celebrando o resultado na Sede
Celebrando o resultado na SedeCelebrando o resultado na Sede

Dende o BNG de Ribeira queremos agradecerlle a súa confianza ás 3.634 persoas que nos apoiaron e animalos a seguir traballando con nós para facer de Ribeira o concello que todas e todos queremos. Este importante incremento de 619 votos e máis dun 5% respecto das Municipais 03, colócanos no 25,91%, e suporá que o Grupo Municipal do BNG pase de 4 a 6 concelleir@s, converténdonos no único grupo político que incrementa o número de representantes. Este resultado de 3.634 votos é o mellor da historia do BNG de Ribeira e supón un importante respaldo da cidadanía ao labor feito.

Cabe destacar a baixa participación nestas eleccións: tan só o 60,48 %. Isto supón que 9.217 persoas, das 23.377 censadas, non exerceron o seu dereito ao voto. Unha mágoa, xa que seguro que moitas delas non foron a votar por considerar imposíbel o cambio.

Está visto que imposíbel non hai nada, e o PP sofre un forte castigo da cidadanía ao perder 1.164 votos e dous “escanos” en favor do BNG, quedando tan só a 339 votos de perder a maioría absoluta. IPdeR e PSOE manteñen o número de concelleiros/as, polo que o BNG se consolida como a única alternativa a un cambio de goberno. Cabe destacar que a cidadanía votou maioritariamente cambio pois a suma dos votos acadados polos que serán grupos da oposición superou ao PP en casi cen votos por primeira vez en moitos anos.

Estes magnificos resultados obtidos polo BNG tanto en Ribeira como na Comarca da Barbanza indícannos que estamos no bo camiño e dannos folgos para seguir traballando para mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía. O BNG vai a ter un Grupo Municipal de luxo con seis concelleir@s pero con un gran equipo detras traballando codo con codo para que Ribeira avance en politicas de benestar, en políticas que favorezan a creación de emprego, de vivenda protexida…

Un saúdo. Moito ánimo e adiante!

Evolución do voto nas eleccións municipais 1995-2007:
Evolución do voto BNG nas Municipais Evolución do voto PP nas Municipais

Composición do Concello de Ribeira Municipais 2007:
Composición Concello Ribeira Municipais 2007

Composición do Concello de Ribeira Municipais 2003:
Composición Concello Ribeira Municipais 2003

Resultados mesa a mesa:
resultados-municipais07.pdf

Evolución municipais 05-07:
municipais07.pdf

Resultados oficiales:
Ministerio do Interior
Ministerio do Interior. Resultados anteriores

A nosa valoración na prensa:
Diario de Arousa: Brión afirma que a oposición de Ribeira ten máis votos que o PP

Outras valoracións:

Resultados electorais: “A candidata e os membros do BNG non podían ocultar a súa satisfacción polo excelente traballo realizado e por calar a súa mensaxe no electorado. É a formación política que máis crece e que maior número de votos obtén. Os veciños demostran con iso que queren unha oposición real e forte que fiscalice as accións do equipo de goberno.” José Manuel Pena

Información na prensa:
Diario de Arousa: O BNG sube seis escanos en A Barbanza e convertese na primera forza da alternancia
Diario de Arousa: “...O BNG acorta distancias con 6 edis”
O Correo Galego
O Correo Galego
A Voz: O Bloque foi o gran beneficiado e logrou un resultado histórico
A Voz: O BNG fortalecese en Ribeira, Aguiño, Oleiros e Artes.
A Voz: Eleccións Municipais 2007
A Voz de Galicia
A Voz de Galicia

Peche de campaña

O vindeiro venres, día 25 maio, 21,00h, mitin de peche de campaña na Casa do Mar de Ribeira. Intervirán:

Luís Teira, candidato número 4.

Ana Álvarez, cadidata número 3.

Xosé Luís Groveiro, candidato número 2.

Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria.

Dominga Brión, candidata a Álcaldía.

Agardamos a vosa presenza.

Polígono Empresarial da Barbanza

Presentando o Polígono da Barbanza na Casa do Mar de Ribeira
Localización Polígono da BarbanzaProposta de Ordenación Polígono da Barbanza

Máis información sobre o Polígono Empresarial da Barbanza:
poligonoempresarialbarbanza.pdf

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, ven de licitar a redacción do Proxecto Sectorial e de Urbanización do Parque Empresarial da Barbanza.

O prego foi remitido hoxe ao Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE), as empresas disporán ata o 13 de xullo para presentar as súas ofertas.

Este parque contará cunha superficie de 1 millón de metros cadrados, nos concellos de Ribeira e Pobra do Caramiñal, e o investimento total previsto é de 32 M. €

Ademais da redacción dos proxectos Sectorial e de Urbanización, o concurso público inclúe a redacción do Estudo de Impacto Ambiental, Prospección e Informe Arqueolóxico, Estudo de Seguridade e Saúde e o Plan de Calidade. A data límite de entrega de todos estes documentos é o 15 de decembro de 2007.

Da superficie total do parque, 541.520 metros cadrados estarán dedicados a uso empresarial e industrial, 311.824 serán espazos libres, 124.198 metros cadrados estarán ocupados pola rede viaria e 31.386 metros cadrados serán os destinados a equipamentos. O investimento total previsto nesta actuación é de 32.062.224 euros, dos que mais de 27 millóns se dedicarán á urbanización e 4,1 millóns se empregarán na adquisición de terreos.

A Consellería de Vivenda e Solo prevé que os traballos previos de planeamento así como a súa tramitación administrativa se desenvolvan ao longo deste ano 2007 e que as obras de urbanización poidan comezar no primeiro semestre de 2008.

Este parque incluirá naves modulares para os/as pequenos/as empresarios/as que queiran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo a un prezo e nunhas condicións razoables. Estas naves terán un tamaño aproximado de 500 metros cadrados e serán adxudicadas en réxime de aluguer con opción de compra transcorridos 10 anos.

Ademais, o futuro Parque Empresarial do Barbanza contará cun edificio de usos múltiples para dar servizo aos/as empresarios/as que se instalen neste parque, tanto de Ribeira como de Pobra do Caramiñal. Este edificio, que contará con espazos comúns de novas tecnoloxías, estará situado nunha parcela de uso dotacional público e será adxudicado por concesión administrativa durante un prazo determinado de tempo.

O Parque Empresarial do Barbanza está incluído no Proxecto Galiza Suma, que supón a construción de parques empresariais estratéxicos e ben dimensionados, cunha alta calidade arquitectónica e tecnolóxica, con dotacións e servizos propios do século XXI.

Na Prensa:
Diario da Arousa
A Voz:
Unhas setenta empresas demandan chan no macropolígono comarcal
Vivenda prevé iniciar as obras do parque barbancés a principios do próximo ano
O investimento en infraestruturas rolda os trinta millóns
Expectativas

Entrevista na Voz de Galicia

2007-05-18-no-peirao.JPG

Entrevista na Voz de Galicia:

«Fíxose pouco para que Ribeira mantivera a súa puxanza»

Debate en Telebarbanza

2007-05-16-debate-en-telebarbanz.jpg

Hoxe tivemos o debate en Tele Barbanza. Acudimos tod@s @s candidatos e candidatas agás o do Partido Popular. Unha vez máis foi incapaz de ir a dar contas e expoñer as súas propostas programáticas. Considero que é un acto de covardía e mesmo de desprezo a cidadanía que non se digne asistir a ningún debate. Antes mandaba ao número 2, agora ten que recorrer ao número 14, que non vai a saír concelleiro.

Isto indica, por un lado, que o PP de Ribeira non ten equipo e por outro que o que diga Manolo Rúiz non ten ningunha credibilidade: xa o ten desautorizado no Pleno en multitude de ocasións cando era número 2 e tenente de alcalde, para máis agora que nin sequera vai a estar no grupo municipal do PP.

En todo caso, no pouco tempo do que dispuxen, tratei de expoñer os puntos máis importantes do noso programa, que podemos sintetizar en que:

Crearemos as condicións necesarias para que a xente que queira poda ter unha vivenda e un traballo digno que lle permita vivir aquí. Pero tamén que poida disfrutar dunhas instalacións públicas ben acondicionadas e duns servizos de calidade.

Nova na Voz:

A creación de emprego é o punto forte da campaña ribeirense.

«O benestar dá mocidade ocupa unha gran parte dos nosos proxectos»

Vídeo do BNG de Ribeira

O BNG de Ribeira elaborou un vídeo da nosa candidatura a estas eleccións municipais.

Esperamos que vos guste.

Mitin Central da Campaña na Fieiteria

Mitin na Fieiteira
Entrando na FieiteriaMáis de 450 persoas na Fieiteira

Onte estivemos na Fieiteira. Nin o día, luns, nin a hora, 20,30 h, foron motivo suficiente para impedir que máis de 450 persoas se achegaran a Fieiteira para arrouparnos no noso mitin central ao que asisteu tamén o Portavoz Nacional e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Ademais, tamen estiveron con nós o alcalde de Boiro, Xosé Deira, a candidata de Pobra, Rosana Pérez, a de Rianxo, Adelina Ces, e a de Porto do Son, Anxela Franco, así como compañeiros e compañeiras de comarca e de Porto do Son. A todos e a todas ao igual que a toda a cidadanía de Ribeira que alí estaba queremos agradecerlle a súa asistencia e o seu arroupe neste acto.

Diante dun público entregado interviron ademais Ana Álvarez, número 3 da candidatura e Xosé Luís Groveiro, número 2.

Aquí podedes ver un resumo:

Nova no Diario de Arousa
Nova na Voz:
O BNG defendeu en Ribeira un goberno próximo aos cidadáns
Quintana acusou ao PP de ser un partido «boicoteador»
Nova no Canal Rias Baixas:
Quintana aposta por Dominga Brión para impulsar o cambio real en Ribeira

Vídeos do BNG

Aquí podedes ver o vídeo que o BNG fixo para a campaña das municipais.

E aquí unha versión máis breve do mesmo.

A ver se me vedes nalgún deles ;-)

E aquí a voz da rúa en TeleBNG.

Comezo da campaña

dsc05774.JPG dsc05777.JPG
dsc05771.JPG dsc05770.JPG

Hoxe, venres 11 de maio, iniciouse a campaña electoral das municipais 2007. Como sempre, reunímonos antes na sede e baixamos tod@s xunt@s ata a praza do Concello para iniciar oficialmente alí a “pegada de carteis”.

Depois das fotos e declaracións correspondentes aos médios repartimonos e deixamos o casco urbano de Ribeira “empapelado”.

Encontro c@s hostaleir@s

Reunión co sector hostaleiro

Hoxe estivemos co sector hostaleiro. Acompañados polo Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, reunímonos nos locais da Asociación de Empresarios con un concorrido número de hostaleiros. Informámoslle das nosas propostas en materia de turismo que foron moi ben acollidas.