BNG-Ribeira
BNG de Ribeira

Páxina BNG de Ribeira

Presentación deste blog

Presentación do blog

Onte, 19 de abril, presentamos diante dos medios de comunicación este blog, que pretende ser unha canle máis de comunicación coa cidadanía. Acompañounos a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela.

Nós somos conscientes da importancia das novas tecnoloxías no desenvolvemento do concello e do país para non perder o tren do noso futuro. Por iso, un goberno municipal do BNG en Ribeira vai a facer unha firme aposta neste eido.

A dotación de infraestructuras para achegar a banda ampla a todos os núcleos será unha prioridade para nós. Do mesmo xeito crearanse espazos públicos de acceso a internet vía inalámbrica (WIFI ou WIMAX) que permita a conexión gratuíta á cidadanía (bibliotecas, casas de cultura, algún parque público, etc). Así mesmo, a creación dun portal web con un amplo número de servizos que achegue a información municipal á cidadanía e mesmo permita a realización de trámites burocráticos diversos, serán, entre outras, algunhas das nosas actuacións.

Pola súa banda, a directora xeral deu cumprida información das importantes iniciativas que en materia de apoio ás novas tecnoloxías se están levando a cabo dende a Consellería de Innovación e Industria.


2 comentarios

  1. Jaime di:

    Hola,

    Acabo de coñecer/entrar neste Blog, e quedeime asombrado pola cantidade de movimento que ten, tanto en información de noticias, actos etc.. como po las respostas que a futura Alcaldesa brinda os participantes do “foro”. ¡Esto e unha mostra mais do acercamento a cidadanía!

    O sábado 12, na grabación do programa de Radio Discolókate, Suso díxoche nun momento que parecías un tren, polo rápido que falabas, e eu dígoche que non te gastes tan rápido, que nos fas moita falta, pois nas guerras hay moitos frentes (metafóricamente falando).

    O blog ? FANTASTICO.

    Respostei en outro apartado que se por traballo e ideas fora, xa estarías exercendo no escaño mais alto do concello, pero… xa chegará o momento.

  2. Domi di:

    Ola Jaime.

    Agradezoche a túa visita a este blog, a túa participación e sobre todo o teu apoio. A verdade é que procuro mantelo o máis actualizado posíbel, pero a veces o tempo non da para máis. En todo caso alégrame que che guste.

    Con respecto ao programa de Radio Discolókate, é certo que ía moi rápido porque quería decir moitas cousas e o tempo era pouco. Pero tranquilo que non me canso tan rápido. Ademais teño moi bo equipo, o mellor dos que se presentan a estas eleccións en Ribeira, e repartimonos o traballo.

    Creo que Ribeira non debe de perder máis trens. Penso que necesitamos un cambio de goberno e coido que o BNG presenta un bo programa e un equipo preparado para gobernar Ribeira. Seguro que o 27 de maio vai a ser un dia histórico ;) .

    Graciñas e unha aperta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>