Dende o BNG consideramos unha necesidade urxente a revisión do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal. Con todo, vemos con preocupación tanto algúns cambios de ordenación, como a inclusión dunha “bolsa de chan industrial entre a Carballa e a autovía”, en vez de apostar decididamente pola execución do Macropolígono. (máis…)
Demandamos Parlamento que cubra a praza vacante de Xefe de Distrito da Capitanía de Ribeira
O Bloque Nacionalista Galego presentou esta semana unha iniciativa no Parlamento galego para que se cubra a praza vacante de Xefe do Distrito Marítimo deste municipio e se mellore a xestión deste servizo no porto ribeirense. (máis…)
Sorteo dun TABLET na lotaría do Nadal
SOS SANIDADE PÚBLICA!
A Asemblea Local do BNG de Ribeira fai un chamamento á poboación diante do deterioro progresivo da atención sanitaria da Xunta de Galiza.
En Ribeira, temos que lembrar as carencias existentes no Hospital da Barbanza e o caso omiso que se fixo nos orzamentos da Xunta 2012 do acordo plenario, a iniciativa do BNG, polo que se aprobou por unanimidade “solicitar da Xunta de Galiza un novo Centro de saúde para Ribeira”. (máis…)
O BNG interésase pola EDAR de Ribeira no Parlamento Galego
O BNG pregunta no Parlamento galego polas previsións “reais” para as obras da EDAR de Ribeira
Como xa ten denunciado o BNG, nos vindeiros orzamentos para 2012, a Xunta non prevé nin unha sola partida económica para esta obra que, en plena pre campaña electoral, anunciara a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas. Lembremos que, mais alá de cando e como se leve a cabo a obra anunciada, a consellería e o Concello de Ribeira xa indicaron claramente que nas súas previsións non se contempla a depuración das augas do polígono industrial de Xarás que seguirán indo á ría polo emisario do Touro coa totalidade da súa carga contaminante.
Iniciativa parlamentar en relación coa EDAR de Ribeira
O Alcalde de Ribeira incumpre o Regulamento Municipal de Honras e Distincións
O Alcalde e o goberno do PP de Ribeira incumpren o Regulamento de Honras e Distincións ao asignarlle a denominación dunha rúa a unha persoa viva sen o acordo unánime do Pleno, tal como se recolle no artigo 23 deste Regulamento. (máis…)
“Despido” da Secretaria Municipal: a posición do BNG
Non eran descoñecidas as discrepancias do actual Alcalde de Ribeira sobre o labor da xa ex secretaria municipal. Mesmo o BNG tiña amosado desconformidade con ela nalgunhas das súas actuacións. Pero en democracia hai formas e normas e son importantes.
O Alcalde tiña amosado publicamente a súa intención de non renovar a comisión de servizos que a secretaria ocupaba coa súa praza no Concello de Ribeira. Ate aquí nada que obxectar: o Alcalde é moi libre e ten dereito a aceptar o non a súa renovación no seu momento, marzo de 2012. Pero o que ocorreu foi unha “destitución forzada” en toda regra pese a que se intente vestir de “dimisión” ou “cese voluntario”.
A discrepancia de fondo pódese resumir na intención da secretaria de informar todos os asuntos que o Alcalde leva a Pleno. Moi recentemente, o acordo ao que chegou o Goberno de Ribeira coa empresa “Los Milagros” que, segundo sentenza xudicial firme, debera ser adxudicataria do servizo de Gardería Municipal. Segundo este acordo o Concello “indemniza” con 12.000€ á empresa e esta “renuncia” á execución da sentenza”. Tal e como lembrou o BNG no Pleno, este procedemento mereceu un “informe xurídico desfavorable” da Secretaria do Concello por “consideralo contrario a dereito” e porque “non se seguiu procedemento administrativo algún.. . para determinar a súa procedencia…” Velaí a gota que colmou o vaso (segundo algunhas interpretacións) e que motivou que o Alcalde “pedira” á Secretaria, segundo puido saber o BNG, o abandono inmediato do seu posto.
Que a funcionaria “aceptara” tamaño chantaxe parécenos moi respectable e mesmo comprensible. Pero isto no oculta que o que hai realmente no fondo desta cuestión é UN AUTÉNTICO GOLPE DE MANDO con consecuencias, tamén, no novo funcionario/a que ocupe a vacante ao que so lle cabe o sometemento á figura autoritaria do Alcalde ou o desterro.











